

A Consellaría non quere incrementar o profesorado, nin adoptar outras medidas porque non quere afrontar o custo, pero nós sabemos que se cumpriran o que pedimos aforraríamos 77.000€ só no IES de Rodeira!
Mais hai que dicir que ou ben non contan con dotar de material a alumnado e profesorado, cargando sobre as familias o sobrecusto, ou ben non se pode dicir que sexan bos xestores, mais ben o contrario. Nós fixemos os cálculos e ben se comproba:
O IES de Rodeira ten arredor de 1000 alumnas.
Prezos oscilativos no mercado:
0'95€/ 1unidade mascarilla.
15 €/1 litro xel hidroalcohólico.
Supoñendo que unha alumna usa dúas mascarillas ao día, non se pode usar máis de 5h a mesma, e 14 disposicións de xel, supoñen uns 20 ml/1 día, implicaría
un gasto de 0'95*2+0'3=2'2 € por alumnx ao día.
O curso escolar conta con 175 periodos lectivos, polo que os gastos mínimos no noso centro serán aproximadamente de 175*2'2*1000=385000€
Reorganizando os grupos e empregando todos os espazos dispoñibles no centro logramos baixar a ratio a 20 alumnas/aula en todos os niveis educativos. Isto supón o incremento mínimo de 3'5 profesoras
Supón un custe de 36000*3'5=126000€/1 curso escolar.
O alumnado empregaría so 1 mascarilla ao día e o gasto do xel reduciríase, aproximadamente 6 ml/1 día, 0'95+0'09=1'04€ por alumno ao día, 1'04*175*1000=182000€
Gasto total:
182000+126000=308000 €
É dicir unha disminución da ratio e un lixeiro aumento do profesorado supón un aforro á Administración de 385000-308000=77000€ o curso escolar no IES de Rodeira.
A que están esperando?