Suspensión inmediata do profesor Luciano Méndez

El problema

O pasado mes de febreiro, o profesor Luciano Méndez da USC proferiu repetidos comentarios machistas contra unha alumna, diante dela e do resto do alumnado, chegando incluso a ameazala. Posteriormente, reafirmouse no seu discurso sexista en dous artigos publicados en La Voz de Galicia. A alumna, acompañada doutrxs compañeirxs, presentou unha denuncia ante a USC, que non tomou máis medidas que abrir unha investigación e, ante a mediatización do caso, aceptar a petición de cambio de clase que a alumna solicitara e lle fora denegada nun primeiro momento.

O 17 de marzo, un grupo do alumnado do Máster de Igualdade, Xénero e Educación asistiu a unha clase súa, quedándose en suxeitador para reivindicar o dereito a non ser discriminadas pola vestimenta nin polo xénero, para poder facerse oír públicamente e para loitar contra a inacción da USC.

Unha vez a acción saiu en prensa, a USC anunciou a apertura dun expediente
disciplinario ao profesor Luciano Méndez. Porén, el segue dando clases
normalmente, mentres a USC abre un expediente informativo e chama a declarar ao alumnado do Máster de Igualdade, Xénero e Educación.

O primeiro requisito para que se dea unha verdadeira “calidade docente” responde á transmisión dos valores da igualdade e da non discriminación, xa que os discursos de odio non poden ter cabida nin amparo dentro da universidade pública.

Polo tanto, esiximos a suspensión inmediata do profesor Luciano Méndez, como
medida preventiva durante o proceso que a institución esté levando a cabo, a
aceptación por parte da USC de calquera medida en relación co caso que a alumna discriminada decida, e o cese de medidas disciplinarias contra o alumnado consciente que denunciou esta situación. Ademáis, esiximos o cese de Luciano Méndez como medida sancionadora final por parte da USC.

CONCENTRACIÓN O LUNS 2 DE MAIO ÁS 12h
DIANTE DO REITORADO DA USC
(PRAZA DO OBRADOIRO)
VEN CO TEU TETEIRO CEIVE!

avatar of the starter
Eu tamén son Teteiro CeiveCreador de la petición
Esta petición ha conseguido 304 firmas

Los destinatarios de la petición

Universidad de Santiago de Compostela
Universidad de Santiago de Compostela
Actualizaciones de la petición
Compartir esta petición
Petición creada en 1 de mayo de 2016