TRANSFUGUISMO NON!

TRANSFUGUISMO NON!
El problema
Nos últimos meses producíronse no Concello de Lugo unha serie de acontecementos por parte da edil Maria Reigosa que xeraron preocupación e malestar entre gran parte da cidadanía. Nun contexto especialmente sensible, marcado pola perda recente de tres concelleiros, consideramos que determinadas iniciativas políticas encabezadas por Elena Candia (PP) deberían estar guiadas pola responsabilidade, o respecto e a estabilidade.
A posible presentación dunha moción de censura apoiada nunha transfuga suscita un debate lexítimo sobre os límites éticos e políticos deste tipo de accións. Moitas veciñas e veciños sentimos a necesidade de expresar, de maneira serena, o noso desacordo con prácticas que poden afastarse do espírito de representación co que foron emitidos os votos nas urnas.
Esta iniciativa cidadá nace co obxectivo de dar voz a quen desexe manifestar o seu compromiso cunha política baseada na coherencia, na transparencia e no respecto á vontade popular. Non se trata de confrontar, senón de reivindicar unha forma de facer política que fortaleza a confianza da cidadanía nas institucións.
Se compartes esta reflexión, convidámoste a apoiar esta proposta!

2567

Opiniones de firmantes
Actualizaciones de la petición
Compartir esta petición
Petición creada en 20 de abril de 2026