25 de xullo, Día de Galicia. O noso día. O día de todos.


"Hoxe, é o Día de Galicia, e así comenza".
E para celebrar este día, nada mellor que lembrar as palabras do escritor Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, pronunciadas neste día, en 1948 no seu discurso "Alba de Gloria":
"SI NO ABRANTE d-este día poidéramos voar sobor da nosa terra e percorrela en todas direicións, asistiríamos á maravilla d-unha mañán única. Dende as planuras de Lugo, inzadas de bidueiros, até as rías de Pontevedra, oureladas de piñeiraes; dende as serras nutricias do Miño o a gorxa montañosa do Sil, até a ponte de Ourense: onde se peitean as augas d-entrambos ríos; ou dende os cabos da costa brava da Gruña: onde o mar tece encaixes de Camariñas, até o curuto do monte de Santa Tegra, que vence coa súa sombra os montes de Portugal, por todas partes xurde unha alborada de groria".
Hoxe lembramos a aqueles que levaron a Galicia con eles alá onde foron, alá onde fixeron as súas vidas.
E lembramos as vítimas dos terremotos de Venezuela de hai un mes. Enviámoslles unha mensaxe de apoio e solidariedade do pobo galego.
Non estades sós. Galicia está con vós.