

(Galego)
Ola,
En primeiro lugar, quero agradecerche persoalmente o teu apoio á petición de ter un emoji coa bandeira galega.
Chegamos a un número importante de sinaturas, pero é necesario máis apoio.
Hoxe celébrase o día das letras galegas. É festivo na miña Comunidade Autónoma.
O Día das Letras Galegas creouse hai 60 anos, cando se celebrou o centenario de Rosalía de Castro. O Día das Letras deste ano está dedicado ao escritor galego Francisco Fernández del Riego (Lourenzá, Lugo, 1913 — Vigo, Pontevedra, 2010).
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, defíneo así: “...Foi unha persoa que tende pontes, que establece vínculos, que impulsa, que anima, que garantiu o respecto ao pasado, pero que tamén foi garantía de futuro; defensor incansable da cultura galega en todas as súas formas e primeiro embaixador de Galicia no exterior".
Sexamos embaixadores de Galicia! Difunde esta petición, para que sigamos sumando apoio e teñamos o emoji da nosa bandeira!
Moitas grazas polo teu apoio,
Xesús
Máis información en:
Francisco Fernandez del Riego (galego)
(Castellano)
Hola,
Antes que nada, quiero agradecer personalmente tu apoyo a la petición para tener un emoji con la bandera de Galicia.
Hemos alcanzado un número importante de firmas, pero hacen falta más apoyos.
Hoy, se celebra el día de las letras gallegas. Es festivo en mi Comunidad Autónoma.
El Día de las Letras Gallegas fue creado hace 60 años, cuando se cumplió el centenario de Rosalía de Castro. El día de las letras de este año, está dedicado al escritor galleguista Francisco Fernández del Riego (Lourenzá, Lugo, 1913 - Vigo, Pontevedra, 2010).
La presidenta del Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, lo define así: "... Era una persona que tiende puentes, que establece vínculos, que impulsa, que anima, que garantizaba el respeto al pasado, pero que también era garantía de futuro; un defensor incansable de la cultura gallega en todas sus formas y el primer embajador de Galicia en el exterior".
¡Seamos embajadores de Galicia! ¡Divulga esta petición, para que sigamos sumando apoyos y tengamos el emoji de nuestra bandera!
Muchas gracias por tu apoyo,
Jesús
Más información en:
Francisco Fernández del Riego (Español)