Petición cerrada

Que Suyo Ferreiro se disfrace de Papa!

Esta petición ha conseguido 110 firmas


O grupo Choqueiros Católicos Arrepentidos, alarmados ante a polémica do cartel do Entroido do Concello da Coruña, iniciamos unha recollida de sinaturas para desenvolver unha acción que repare na medida do posible o dano causado e estableza unhas pautas de reciproidade e convivencia acordes aos tempos que vivimos. Dicímolo alto e forte: ¡¡ NON VALE FURAR!!

Coma di a voceira do PP no Concello, a nosa benquerida Rosa Gallego, que nos inspira todos os días pares: "si alguien se queja de algo, hay que rectificar". Ela predicou sempre co exemplo, de tal xeito que rematou por non facer nunca nada.
Un exemplo de probidade.

En momentos de tribulación precisamos da concordia, e non hai mellor xeito de propiciar a reconciliación que meterse nos zapatos do outro. A acción ten que estar en consonancia con este principio e co lema da nosa asociación: "Seremos o que sexamos, pero estamos arrepentidos".
Así, propoñemos unha solución de centro a tan grave problema, sen extremismos, sen fundamentalismos. Unha solución que nin pra ti nin pra min.
A pachas.

Propoñemos que o Alcalde da Coruña, don Suyo Ferreiro, se disfrace de Papa durante este entroido, para que note nas súas carnes o peso do solideo papal. E simultáneamente pedimos humildemente ao Papa Francisco, que se poña no lugar do pecador responsable da afrenta, e se enfunde a camisa de cadros de Suyo (a barbiña é opcional). Así todos comprenderemos a todos, e nos arrepentiremos de todo, incluso de estar arrepentidos.

 



Hoy: Choqueiros Católicos Arrepentidos cuenta con tu ayuda

Choqueiros Católicos Arrepentidos necesita tu ayuda con esta petición «Suyo Ferreiro: Que Suyo Ferreiro se disfrace de Papa!». Únete a Choqueiros Católicos Arrepentidos y 109 personas que ya han firmado.