Salvemos os frescos de Lugrís

Salvemos os frescos de Lugrís

Firmantes recientes
Luísa Pita y 19 personas más han firmado la petición recientemente.

El problema

A CORUÑA POLA BELEZA

maio 16, 2026
Deixade pasar as ondas do mar! 

Este é o manifesto que xurdiu da Asemblea aberta que celebramos o pasado 14 de maio:

As ondas do Orzán

van, veñen;

van.

(Urbano Lugrís)

No baixo do número 25 da rúa dos Olmos da Coruña atópase o único conxunto muralístico dos que pintou Urbano Lugrís na cidade que conservamos íntegro. Un espazo sen parangón para a historia da arte galega, no que as 12 pinturas que Lugrís deixou nas paredes xogan coa arquitectura do edificio e coa nosa imaxinación.

Dende que, en 2021, pechou o local de hostalaría que se atopaba nese baixo, os frescos esmorecen por culpa da ruína do edificio, as inclemencias do tempo, a acción de pombas e ratas e o desleixo das administracións locais e autonómicas.

Malia as solicitudes e protestas dalgúns colectivos cidadáns, que comezaron en 2021, os responsables políticos non fixeron nada e a inactividade das administracións contribíu a empeorar o estado duns frescos que estamos a piques de desaparecer para sempre.

A cidadanía da Coruña non se pode permitir o luxo de perder outro mural de Urbano Lugrís, porque precisamos para vivir desfrutar dese mar fantástico no que as sereas cazan congros e os narvais sacan a cabeza entre as ondas para contemplar o baile do sol e a lúa sobre o faro de Hércules.

Cada día que pasa a situación é máis crítica e por iso saímos á rúa para reivindicar, unha vez máis, o acceso á beleza. Se nos deran á escoller, nós tamén escolleríamos entrar noite e día no Fornos, para desfrutar dun espazo único que é o símbolo redondo do que A Coruña é. 

Abride as portas do Fornos, deixade pasar as ondas do mar lugrisán e que a beleza e a felicidade enchoupen todas as nosas rúas e as nosas vidas!

Asemblea aberta Salvemos os frescos de Lugrís

A Coruña, 15 de maio de 2026
 
Se queres sumarte á petición non ten máis que deixar o teu nome e apelidos nesta petición.

Comparte, por favor!

Mil grazas polo apoio! Todos xuntos, todas xuntas conseguiremos salvar os frescos!! 

178

Actualizaciones de la petición

Compartir esta petición

Petición creada en 17 de mayo de 2026