Salvemos a Fonte de Troncoso! Non pode agardar máis!

El problema

A Fonte de Troncoso non pode agardar máis!

Troncoso é un manancial que coñecemos desde 1772, aínda que a súa fama toma un impulso definitivo a partir de 1873, ano no que as súas augas son declaradas de utilidade pública.

Esta fonte tamén está na orixe do nacemento do concello de Mondariz-Balneario, no ano 1924.

O manancial fornece unha auga mineiro-medicinal que foi menciña e saúde para a veciñanza e tamén para milleiros de persoas que viaxaron ata aquí desde moi lonxe para sandar enfermidades como a diabetes, gastrites, doenzas renais, cutáneas, etc.

A fonte actual foi deseñada polo xenial Antonio Palacios a principios do s. XX, e conta varandas de ferro modernistas fabricadas nos talleres de Sanjurjo Badía.

É fácil apreciar a riqueza social, histórica, patrimonial... e a saúde que esta fonte proporcionou ao Balneario de Mondariz, que ten 152 anos de historia. Pero as autoridades ao cargo parecen esquecer a importancia de manter en pé esta fonte da nosa historia e da nosa saúde.

En setembro de 2022 a Xunta de Galicia comprometeu 500 mil euros para a súa rehabilitación, pero as obras detivéronse sen motivo aparente.

Esta fonte dunha auga saudable única no mundo, que tamén é patrimonio teu, está en perigo.
O orzamento xa está aprobado, pero a fonte necesita que se completen os traballos.

Axúdanos a instar ás autoridades a retomar XA estas obras de rehabilitación cruciais.

Asina a petición para salvar AGORA a Fonte de Troncoso!

1962

Opiniones de firmantes

Actualizaciones de la petición

Compartir esta petición

Petición creada en 16 de junio de 2025