A Chousa é Nosa

0 personas firmaron. ¡Ayuda a conseguir 200!


Tras a aprobación da normativa do 26 de setembro de 2017 de Portos de Galicia que regula á celebración de espectáculos públicos ou actividades recreativas nos portos, a ACDeM Armadiña solicita a Portos de Galicia a desafectación da praza da Chousa.
A evolución da Chousa nos último anos afastouna de calquera uso portuario. Chousa non é un porto, Chousa é unha praza. Na praza non hai chalanas, hai crianzas xogando. Non hai nasas, hai veciñ@s paseando. Non hai aparellos, hai xente conversando. A Chousa mudou, hoxe é a nosa praza.

A Armadiña considera que calquera tipo de normativa portuaria non pode ser aplicable neste espazo. A contorna de A Chousa debe ser desafectada e traspasada a súa titularidade ao Concello de Poio. Entendemos que a praza debe regularse acorde aos intereses xerais da veciñanza e non segundo os seus usos portuarios.
Queremos un acceso libre e gratuíto para a celebración das actividades e eventos na praza. A Asociación Armadiña, como calquera outro colectivo, ten que pagar unha taxa a Portos de Galicia polo uso da praza. Consideramos isto un abuso, A Chousa non ten que ter unha normativa portuaria, a Chousa é a nosa praza.
Queremos que a contorna da Chousa sexa administrada polo Concello axilizando así a solicitude dos permisos para o seu uso. Até agora as solicitudes a portos téñense que realizar con meses de antelación, aínda así, en moitas ocasións Portos de Galicia non responde até despois da realización do evento, isto crea incerteza e pon en perigo a celebración das actividades.



Hoy: Asociación CDeM Armadiña cuenta con tu ayuda

Asociación CDeM Armadiña Asociación CDeM Armadiña necesita tu ayuda con esta petición «Portos de Galicia: A Chousa é Nosa». Súmate a Asociación CDeM Armadiña y 185 persona que han firmado hoy.