PAREMOS A CORTA DAS ÁRBORES DE RIBADEO E A SÚA CONTORNA

El problema
ANTE AS CORTAS INDISCRIMINADAS DE ÁRBORES EN RIBADEO E A SÚA CONTORNA, CREOUSE UNHA PLATAFORMA NA SÚA DEFENSA. PRECISAMOS O APOIO DE TODOS E TODAS PARA QUE RIBADEO NON PERDA AS POUCAS ZONAS VERDES QUE QUEDAN. TRATEMOS DE EVITAR O CONSTANTE AVANCE DO CEMENTO EN SUSTITUCIÓN DA HERBA.
Porque ninguén é unha illa, porque todos vivimos e interactuamos coa natureza humana e non humana, con ese verde tan de seu da nosa terra que leva por teito as nosas árbores, as mesmas onde xogamos de nenos, onde merendamos e namorámonos. As mesmas árbores onde encontran o seu fogar as aves que están de paso e as que viven aquí, engaloiadas pola salitre da nosa Ría e as labranzas de Piñeira ou Santalla.
Sen árbores non hai Ribadeo, non hai ar que lle dea pulmón para respirar nin lembranza e folgos para que as novas xeracións de fillos, netos, aves, parentes animais de toda índole, vivamos nunha harmonía que consiga, por exemplo, que volva a chover cando debe e que vaia calor no seu momento.
Axúdanos a recuperar as nosas árbores e a prantar inda máis. Que o verde siga tinxindo desde arriba e desde abaixo a nosa vida en comunidade e a nosa paisaxe futura.

Victoria
Comparte esta petición
Petición creada en 8 de enero de 2025