Non derrubar a chimenea en As Pontes

Non derrubar a chimenea en As Pontes
El problema
A chimenea e o maior símbolo de As Pontes (A Coruña, Galicia) e representa perfectamente unha época industrial que se desenvolveu nesta bisbarra.
Se temos en conta a altura é o grosor, é a chimenea máis grande de Europa e unha das maiores do mundo.
Está ben conservada e o seu mantemento en moitísimos anos e ínfimo, e de ningún modo ten porqué corresponder ó Concello de As Pontes. O que sí habería que facer é un estudio pormenorizado para ver a que se podía dedicar, para facela incluso rendible. O que si ten un prezo elevado é o seu derrube, que de facerse, xa sabemos que o vai pagar Endesa a quen seguro lle sae máis caro que a súa conservación.
A base da chimenea ocupa moi pouco espazo e non impide que a súa beira exista chan industrial. Neste intre non existe ningunha empresa que teña previsto instalarse nesa zona, e polo menos ata 2030 non se podería instalar ningunha nese espazo.
Tampouco se deberían derrubar outras instalacións, como o parque de carbóns ou outras naves, que poden ter moita utilidade no futuro.
E moi fácil facer desaparecer os edificios industriais, que custou moito construír. Que beneficio sacou As Pontes do derrube doutros edificios industriais? Uns poucos que quedan da empresa Calvo Sotelo estanse utilizando.
O que se derrube absolutamente todo o complexo da Central Térmica de As Pontes, é exclusivamente un interese de Endesa para desvincularse totalmente de As Pontes, onde coa explotación de lignito fixo un negocio incalculable moitos anos, e conta coa colaboración do Goberno do Concello de As Pontes, non se sabe porque motivo, iso sí, demostrando unha enorme falta de cultura sobre o que significa Patrimonio Industrial. Deberían viaxar por Ponferrada, Río Tinto, diferentes puntos de Asturias, etc. ou polo estranxeiro, para poder opinar do valor que no presente e sobre todo no futuro pode ter ese Patrimonio.
Que non se derrube esta chimenea non só o subscribe moita xente de As Pontes, senón tamén personalidades técnicas e culturais e organismos públicos galegos. Non se coñece ninguén, cunha certa relevancia, que se pronunciara a favor do derrube.

707

Actualizaciones de la petición
Compartir esta petición
Petición creada en 27 de junio de 2024