MANIFESTO VILLALTA. Polo reencontro didáctico entre a música e a poesía

El problema

MANIFESTO VILLALTA

Polo reencontro didáctico entre a música e a poesía

"Se consideramos rectamente a poesía non é outra cousa que ficción retórica composta en música".

Con esta cita de Dante (De vulgari eloquentia) principia "O outro lado da música, a poesía". O tratado de Luísa Villalta, de 1999, que a sitúa como unha figura única, realmente orixinal, dentro da escrita contemporánea. 

Porque Luísa Villalta amplía o concepto do que é literatura: a poesía é máis plena, cando tamén é música.

Na súa orixe -e até a chegada da imprenta- ambas as dúas artes foron o mesmo e a súa relación continuou vizosa até o presente. A literatura galega principiou sendo música: as cantigas medievais. A música campa no título da primeira gran obra do Rexurdimento: Cantares gallegos. 

Mais nas clases de literatura -en escolas e institutos- soa moi pouca melodía. Porque tampouco houbo música nas facultades de filoloxía onde se formou o seu profesorado. 

Tal carencia vén de moi atrás. Platón ponderaba os instrumentos apolíneos, que propician a orde social, mais ignoraba os dionisíacos, eses que traen a revolución da festa.  Este desleixo pasou á igrexa católica, e dende aí ao mundo académico contemporáneo. 

A canción popular é moitas veces tratada como un coñecemento menor e prescindíbel. As persoas que escriben versos para cancións nin sequera son consideradas poetas. Dinlles: "letristas". 

É tempo de superar complexos de superioridade e vellos prexuízos académicos. E tempo de procurar -principiando polo ensino- o reencontro entre a música e a poesía.

Axiña pasarán os fastos do Día das Letras. Mais a mensaxe de Luísa Villalta segue a vibrar como manifesto neste tempo de revolución que está a vivir a música (e a poesía) galega. 

Medre a música ! Medre a poesía ! Medre a palabra de Luísa Villalta ! 

Primeiras asinantes: Cris Asenjo (música e profesora de música), Alberto Pombo (profesor de lingua e literatura), Ana Pillado Vega (profesora e artista multidisciplinar), Uxía ( música), Lupe Blanco (regueifeira), Manuel Maseda (músico e profesor de música), Xurxo Souto (músico e escritor). 

501

Actualizaciones de la petición