Gondomar: Servizos básicos para mellorar a vida da veciñanza e frear a contaminación

El problema
Gondomar: Servizos básicos para mellorar a vida da veciñanza e frear a contaminación dos solos e rios que afectan a todo o Val Miñor. Saneamento e auga potable.
Pedimos, tanto ao concello de Gondomar, á Xunta de Galicia, á Unión Europea ou a calquera das administracións competentes que tomen medidas xa, tanto en proxectos como en investimento directo en saneamento e abastecemento de auga potable no concello de Gondomar.
Gondomar é un municipio galego da provincia de Pontevedra que forma parte da comarca histórica do Val Miñor (Nigrán, Baiona e Gondomar) actualmente integrado administrativamente na comarca de Vigo, e conta con máis de 15.000 habitantes.
A rede hidrográfica do concello está articulada polo río Miñor (rega as parroquias de Peitieiros, Gondomar, Mañufe, Donas e Borreiros), nel verten as súas augas: o río Zamáns procedente de Vigo, (rega as parroquias de Vincios, Chaín, Vilaza e Gondomar), o río Morgadáns que nace e rega a parroquia do mesmo nome (leva nel as augas dos regatos de Vilas e Touteiras), o rego de Mañufe, que nace na mesma parroquia e o río da Rasa ten as súas fontes na parroquia de Couso (rega as parroquias de Couso e Gondomar). Tamén percorre parte deste municipio, o río Groba, que soamente rega a parroquia de Borreiros vertendo as súas augas directamente á ría de Baiona.
A súa desembocadura é unha marisma, A Ramallosa, que está dentro da rede Natura 2000 dende febreiro de 1999 (A Ramallosa E11400003) e que seguidamente leva as augas doces dos ríos Miñor e Groba á baía de Baiona onde se atopa o areal da praia Ladeira.
Segundo se deduce dos datos recollidos de diversas fontes (INE, borrador do PXOM, estudo de viabilidade da concesión do servizo de abastecemento de auga e saneamento, datos fornecidos polo propio Concello), a día de hoxe hai en Gondomar arredor de 3.000 vivendas sen saneamento, ningunha parroquia acada máis do 70% en saneamento e nalgunhas a rede municipal de saneamento cobre escasamente o 10% das vivendas. Se falamos da subministración municipal de auga a porcentaxe é moito máis baixa aínda, sendo un servizo garantido basicamente polas traídas privadas ou comunidades de augas
A carencia deste servizo obriga a manter pozos negros ou fosas sépticas cuxas filtracións contaminan terras, ríos, acuíferos e mananciais deixando inutilizados os pozos, o que nalgunhas vivendas implica quedar tamén sen auga para uso doméstico, sen ter tampouco alternativa de servizo de auga municipal ou de traídas comunais.
Ademáis disto, os colectores principais do saneamento están nun estado deplorable, cunha necesidade urxente de mantemento, absorbendo augas pluviais e fluviais (un 50% da capacidade) en tal cantidade que fan desbordar a depuradora, con seu consecuente vertido. A gravidade das filtracións é tal que estes vertidos ós ríos Miñor e Zamáns, contaminan á Foz do Miñor (rede Natura 2000 - A Ramallosa E11400003) e á baía de Baiona onde se encontra o areal da praia da Ladeira, moi apreciada tanto pola veciñanza de Baiona ou Nigrán coma pola cantidade de turistas que recibe anualmente.
Nesta altura do século XXI é inadmisible que as vivendas do rural non dispoñan destes servizos de primeira necesidade. Porque un saneamento deficiente reduce o benestar humano, xera enfermidades, provoca perda da calidade do medio e mesmo atrasa o desenvolvemento social e económico.
Consideramos que o obxectivo principal dun goberno municipal debe ser o equilibrio territorial, garantindo a implantación e prestación integral e adecuada dos servizos básicos de competencia municipal en todos os núcleos de poboación, con independencia da súa localización xeográfica e do seu carácter rural ou urbano, para que haxa as mesmas oportunidades e a seguridade dunha calidade de vida similar, vivan onde vivan as persoas.
Ese equilibrio territorial non se dá no noso concello e a desigualdade na prestación dos servizos aos que temos dereito está a provocar que haxa veciñanza de segunda, a pesar de cumprir igualmente coas obrigas legais e fiscais que lle corresponden por seren residentes en Gondomar. E o que é peor, o goberno local non está a apostar por acadar ese equilibrio, constatándose ano tras ano a falla de investimentos para dotarnos deses servizos, o que pon en evidencia a súa falta de compromiso co conxunto da veciñanza de Gondomar.
No Pleno Ordinario de Gondomar celebrado o luns 9 de setembro a Plataforma Veciñal por un Gondomar con Servizos presentamos unha moción que foi aprobada por unanimidade onde se solicita a adopción os seguintes acordos:
1º.- O Pleno da Corporación Municipal de Gondomar ACORDA realizar un estudo técnico urxente sobre a situación actual da cobertura da rede de saneamento no Concello de Gondomar. Asemade que recolla tamén o estado da rede que neste momento está funcionando, principalmente da parte máis vella, e sobre a capacidade de depuración da EDAR de Donas.
2º.- O Pleno da Corporación Municipal de Gondomar ACORDA que en función dos resultados do estudo técnico encargado, procederase a realizar os proxectos técnicos necesarios para lle dar servizo a aqueles barrios ou parroquias que estableza un plan de prioridades consensuado entre o Concello e a veciñanza organizada.
3º.- O Pleno da Corporación Municipal de Gondomar ACORDA que, como mínimo o 50% dos fondos propios do Concello, remanentes de tesourería, etc, serán dedicados en cada ano orzamentario a obras de saneamento nas parroquias; a maiores da busca de financiamento para este fin en todas aquelas administracións con competencias no asunto: Deputación, Xunta de Galicia, Goberno do Estado e Unión Europea.
4º.- O Pleno da Corporación Municipal de Gondomar ACORDA redactar a ordenanza precisa para establecer o funcionamento e posta en marcha dun servizo municipal de baleirado de pozos negros e fosas sépticas que atenda as necesidades de vivendas, de centros sociais e pequenos negocios que non estean cubertos pola rede de sumidoiros.
5º.- O Pleno da Corporación Municipal de Gondomar ACORDA instar ao goberno municipal a garantir a prestación do servizo de abastecemento de auga para uso doméstico a todas as vivendas de Gondomar que o precisen, facilitando as xestións necesarias para que poidan subministrarse ben do servizo de auga municipal, ben a través da comunidade de augas existente na parroquia en que radique a vivenda.
Por todas estas razóns solicitamos, tanto ao concello de Gondomar, á Xunta de Galicia, á Unión Europea ou a calquera das administracións competentes que tomen medidas xa, tanto en proxectos como en investimento directo en saneamento e abastecemento de auga potable no concello de Gondomar, porque ata agora seguimos sen ver ningunha acción de cara ao cumprimento dos acordos aprobados.

1759

Los destinatarios de la petición
Actualizaciones de la petición
Compartir esta petición
Petición creada en 7 de febrero de 2025