CONCERTO EN BACHARELATO EN GALICIA

CONCERTO EN BACHARELATO EN GALICIA

0 personas han firmado. ¡Ayuda a conseguir 2500!
Con 2500 firmas, es más probable que esta petición sea publicada en los medios de comunicación locales
CONGAPA Confederación Galega de Asociacións de pais. ha iniciado esta petición dirigida a GOBERNO DA XUNTA DE GALICIA

CONGAPA (Confederación Galega de Asociacións de nais e pais de Alumnos)

RECLAMAMOS AO  GOBERNO  DA XUNTA DE GALICIA O CONCERTO EN BACHARELATO.

O artigo 27 da Constitución de 1978 ven a definir claramente dous principios compatibles, como son a liberdade e a igualdade na educación. A educación concertada naceu para cumprir o mandato constitucional de igualdade e liberdade do ensino.

O réxime de concertos foi aprobado polo partido socialista no ano 1985, recollidos na LODE (Lei Organica do Dereito a Educación), non tanto pola necesidade de suplir con centros privados a insuficiencia de prazas nos centros publicos, senón (utilizando expresións da LODE) para asegurar a pluralidade e a liberdade de ensino, establecendo unha rede complementaria de centros  públicos e privados concertados dentro do noso sistema educativo. No mesmo sentido establécese no mandato constitucional no artigo 27 sobre os dereitos das familias, que son avalados polo Tribunal Constitucional e o Tribunal Supremo en distintas sentenzas e mesmo pola Declaración Universal de Dereitos Humanos que recolle no seu artigo 26.3 que "os pais terán dereito preferente a escoller o tipo de educación que haberá de darse aos seus fillos".

Moitas nais ou pais, como primeiros responsables da educación dos seus fillos, optaron por un centro de titularidade non pública, financiados con fondos públicos. E fixérono con total liberdade atendendo ao ideario e valores que imparte o centro elixido ou polo seu modelo educativo, entre outros motivos.

Estos centros concertados escolarizan alumnos de toda condición social e económica, ademais de atender unha porcentaxe significativa de alumnos con necesidades específicas de apoio educativo e familias en risco de exclusion social.

Con motivo das mobilizacións levadas a cabo pola Plataforma Más Plurales en defensa da educación concertada, partidos politicos como Ciudadanos, Vox ou Partido Popular expresaron o seu total apoio ao este modelo educativo. Formacións políticas que secundaron e participaron nas concentracións organizadas ao longo de toda España.

En Galicia cerca do trinta por cento dos alumnos estudan en centros concertados e en Bacharelato habendo aproximadamente preto de 33.000 alumnos, 5.000 fano en centros privados concertados. Nesta etapa non existe concerto educativo o que supón para as familias un gasto na educación, por fillo e curso, de máis de 3.000 euros. Son moitas as familias que se ven obrigadas a que os seus fillos, unha vez finalizada a ESO (Educación Secundaria Obrigatoria), abandonen, principalmente por motivos económicos, o centro educativo no que se formaron a nivel persoal e académico ao longo de todas as demáis etapas educativas. Familias que non poden ou teñen dificultades para elixir libremente o centro no que estudan os seus fillos. Familias que teñen unha situación económica, social e familiar similares cas que se poden atopar entre as familias que acoden aos colexios de titularidade pública.

Nas duas últimas convocatorias electorais para as eleccións xerais, o Partido Popular levaba no seu programa electoral estender o concerto educativo tamén a etapa de Bacharelato.

É máis, presentaron en todos os concellos de Galicia, nos que teñen representación, unha moción de apoio a concertada, pola que entre outras cuestións, ínstase no seu punto  número catro: estender a gratuidade ás etapas post obrigatorias: Bacharelato e Formación Profesional, e configurar a etapa de educación infantil de 0-3 anos coma unha etapa voluntaria e gratuita, garantindo que ningún alumno quede sen escolarizar por razóns socioeconómicas, reclamando igualmente garantir o dereito de liberdade de elección dos pais. Dereito que nunca deberia verse ameazado por motivos económicos na última etapa educativa dos nosos fillos previa á Universidade ou Formación Profesional.

O concerto ou bonificación do Bacharelato existe en moitas comunidades autónomas, como País Vasco, Navarra, Comunidade Valenciana e Baleares. Noutras gobernadas polo Partido Popular, como Andalucia, xa existen algúns centros que contan con concerto en Bacharelato. En 2019, no acordo de Goberno entre o Partido Popular e Ciudadanos (punto nª 72) incluíu o seguinte compromiso: "Habilitaremos progresivamente a implantación do Bacharelato concertado". Mesmo na Comunidade de Madrid, atendendo a renda familiar, existen axudas de ata 300 euros mensuais. A sociedade en xeral, as familias, reclamamos dos nosos políticos e gobemantes coherencia e cumprimento das súas promesas electorais.

Galicia goza dunha estabilidade parlamentaria e gobernamental necesaria para avanzar no compromiso do Partido Popular de estender o concerto á etapa de Bacharelato. O modelo concertado é parte fundamental do sistema educativo. Sistema educativo que debe de ser plural, gratuito e universal. O Estado, e as distintas administracións, teñen a obrigación de financiar adecuadamente os centros educativos públicos e concertados para garantir a gratuidade real de ambos. Un financiamento que debe cubrir as necesidades materiais e os seus recursos humanos en igualdade de condicións, tendo en conta que ambas as redes deben prestar un servizo educativo de igual calidade ao alcance de todas as familias e a súa libre elección.

Nas reunións mantidas con representantes da Consellería de Educación, así como cos Deputados e Senadores galegos, sempre trasladaron o seu total apoio e compromiso coa educación concertada dentro do Sistema Educativo Galego e en iguladade para todos os alumnos. Sinalar que Galicia é a única Comunidade Autónoma que non dispón de ninguha línea de Bacharelato concertada.

Os nosos gobernantes teñen que atender e ver os recursos en Educación como un investimento, non como un gasto. Desde CONGAPA pedimos que como pai ou nai, apoies e firmes a petición para que o Goberno da Xunta de Galicia aprobe concertar o Bacharelato a partir do curso 2022-2023, como un instrumento lexítimo que garante a liberdade de elección de centro e a pluralidade educativa, e para que ese apoio e compromiso co noso modelo educativo sexa real e efectivo.

  • Para todos aqueles que non dispoñen de correo electrónico ou non poden asinar online, habilitamos un formulario para asinar en papel. Podes facer click nesta ligazón, Firma en papel, descargar o formulario, imprimilo e compartilo con aquelas persoas que queren asinar (só se non asinaron online). No propio formulario verás un código postal para enviar as firmas físicas.
0 personas han firmado. ¡Ayuda a conseguir 2500!
Con 2500 firmas, es más probable que esta petición sea publicada en los medios de comunicación locales