Por unha edición de Tolkien en galego de calidade

0 personas han firmado. ¡Ayuda a conseguir 200!


Para a editorial

Dende hai xa uns anos existen en galego traducións dalgúns libros de Tolkien ao galego, nomeadamente O señor dos aneis e O hobbit, dúas das obras magnas da literatura fantástica universal. Porén, a editorial encargada de publicar os ditos títulos decidiu facelo baixo uns criterios de publicación de baixo estándar: dentro dunha publicación xuvenil, en tapa branda, cun papel de calidade discutible etc. 

Así pois, coa presente petición pretendo demostralle a Xerais, editora da primeira edición en galego, ou a calquera outra editorial interesada, que existe un verdadeiro interese por parte de nós, os consumidores, de poder gozar dunha edición en galego de Tolkien de calidade. 

A lingua galega debe ser vehículo de literatura universal nas mellores condicións posibles, e Tolkien é unha das máximas figuras da literatura fantástica, máis aló de edicións xuvenís de peto.


Asinado: un consumidor galego



Hoy: Martin cuenta con tu ayuda

Martin Luna necesita tu ayuda con esta petición «Edicións Xerais de Galicia: Por unha edición de Tolkien en galego de calidade». Únete a Martin y 110 personas que ya han firmado.