E-dixgal fora dos colexios, xa!

E-dixgal fora dos colexios, xa!
El problema
Como pais e nais cremos que os esforzos do sistema educativo deberían centrarse en transmitir aos nosos fillos e fillas capacidades como a resolución de problemas, saber investigar, ter pensamento crítico e por suposto desenvolver a creatividade e a imaxinación. En lugar de seguir creando persoas manipulables, que estean no mundo por estar, se esfuercen en crear persoas autónomas que poidan asumir con eficiencia responsabilidades tanto individuais como colectivas.
En países máis avanzados están a volver aos libros convencionais porque se demostrou que as pantallas non melloran a aprendizaxe nas aulas senón todo o contrario. O uso de computadoras pode crear a falsa ilusión dun maior compromiso co contido do curso, nada máis lonxe da realidade, posto os estudantes distráense con xogos, coas redes sociais e mesmo coa pornografía. Non hai un control parental nesta ferramenta tan perigosa que non deberían usar nenos tan pequenos sen vixilancia constante.
E-dixgal ás veces cólgase, dá por erróneas respostas correctas, as súas preguntas son tipo test e iso sen entrar en debate que toda a mañá diante dunha pantalla é moi prexudicial (pode ocasionar obesidade, dificultade para durmir, problemas de comunicación e de resolución de problemas, doenzas crónicas do pescozo e as costas, depresión, ansiedade e mesmo cualificacións baixas en probas). Moito tempo “multitarefa” sen desenvolver previamente as ferramentas necesarias para saber levalas a cabo con éxito e sen tecnoloxía. Nin sequera aprenden mecanografa. Se queren que desenvolvan habilidades informáticas o mellor é que integren no sistema educativo unha materia que verse sobre esas competencias e non darlles un portátil.
Se xa é difícil que o profesor observe o que fai cada neno, aínda o será máis cando as aulas énchanse de portátiles. Unha máquina non pode detectar nerviosismo, aburrimento, mala visión, dislexia ou confusión. Son moitos alumnos, hiperestimulados, que non saben como usar os dispositivos tecnolóxicos de forma correcta e racional, o cual failles máis vulnerables fronte ao cyberacoso,
Está claro que a introdución de tecnoloxía na aula sempre é un factor que favorece o entusiasmo xeral e facilita o traballo do profesor, pero que non sexa á conta de rebaixar aínda máis o nivel académico.
En idades máis avanzadas si que un portátil pode ser de axuda e marcar algún tipo de diferenza positiva pero no colexio dende logo que non. Os nenos a estas idades tan temperás necesitan aprender a ler ben, a escribir (escribir a man favorece que os estudantes entendan, sinteticen e resuman mellor o contido, é dicir conséguese un procesamento máis profundo da información e esto á súa vez conleva a unha mellor aprendizaxe), etc.
E por todo isto... E-Dixgal fóra dos colexios, xa!
942

Petición creada en 1 de febrero de 2024