Crear unha rede de bibliotecas públicas nos barrios de Vigo

Petición cerrada

Esta petición ha conseguido 7303 firmas

El problema

En castellano

Vigo é unha cidade con 300.000 habitantes (500.000 incluíndo a área metropolitana) que só conta con 2 bibliotecas públicas: a Biblioteca Central, no Casco Vello, e a Biblioteca Xosé Neira Vilas, no Calvario. Non existe unha rede municipal de bibliotecas como hai en calquera cidade española do mesmo tamaño ou máis pequena. A cidade de  A Coruña, con menos poboación que Vigo, uns 250.000 habitantes, ten 8 bibliotecas municipais. É unha vergoña para Vigo, e para todas as cidadás e cidadáns desta cidade.
Asina esta petición e pídelles aos candidatos e candidatas á alcaldía de Vigo que se comprometan a crear unha rede de bibliotecas municipais en Vigo.
As bibliotecas garanten o dereito de todas as persoas a acceder á cultura (libros, música, cines e actividades culturais) independentemente dos seus recursos económicos ou de en que barrio vivan. Apoian o traballo dos colexios, promoven a lectura, facilitan tanto a formación das persoas maiores como a  da mocidade. Axúdannos na procura de emprego, dánnos un lugar de encontro para a xente do barrio onde informarnos das actividades e  promover e preservar a cultura local.

A cidadanía  de Vigo non pode seguir sen contar cun servizo de bibliotecas nos barrios, xa que isto entorpece o desenvolvemento cultural e intelectual de toda a poboación e a sitúa  na cola das cidades de España en canto a Servizos Públicos de Bibliotecas.

Por iso pedímosvos que apoiedes esta petición para conseguir unha rede de bibliotecas municipais en Vigo. É cousa de todos e todas, e xuntos podémolo conseguir.

avatar of the starter
Daniel Rodríguez PizarroCreador de la peticiónprofesor de Tecnoloxía no IES Alexandre Bóveda (Vigo)

Los destinatarios de la petición

Abel Caballero
Candidato del PSdG- PSOE a la alcaldía de Vigo
Elena Muñoz
Candidata del PP a la alcaldía de Vigo
Serafín Otero
Candidato del BNG a la alcaldía de Vigo
Rubén Pérez
Candidato de Marea a la alcaldía de Vigo

Actualizaciones de la petición