Courel livre de eólicos
El problema
COUREL LIVRE DE EÓLICOS
STATKRAFT, empresa pública do governo de Noruega, ameaza con chantar nos tesos da linde entre Bierzo e Courel, o “PARQUE EOLICO BARJAS, ”
Serían 22 muíns de vento de 198 metros de altura, no concello de Barxas...
Máis de 50 km de liñas de evacuación de enerxía ó longo de 10 parroquias...
E pistas, e desmontes...
en 10 km á redonda 99 parroquias, de 10 concellos, afectadas directamente, sen nengún beneficio.
Non discutimos sobor da necesidade dun modelo enerxético máis limpo e renovable, mais tampouco aceptamos, que coa complicidade da clase política, traten de vendernos, que os megaproxectos eólicos son a solución á crise climática, e unha oportunidade para o desenvolvemento das zonas rurais da montaña.
Os intereses empresariais das corporaciós, centradas agora no filón enerxético, non poden estar por riba da protección dos recursos ambientais e patrimoniais da zona, nen dos direitos a vivir dignamente eiquí.
Continuamos padecendo numerosos cortes de luz e muitas deficiencias nos servicios... e agora pretenden montar un negocio que só repercutirá negativamente na economía da zona.
Se non o evitamos, será un golpe sen volta atrás
E é por iso que vecíns, visitantes e asociaciós habemos loitar por preservar estas paisaxes, e os seus valores ambientais e patrimoniais
Esiximos ós Governos de Noruega e de España, e ás Xuntas da Galiza e de Castela e León, que paralicen de inmediato iste atentado contra o Courel e o Bierzo.
#EiquiNon

Actualizaciones de la petición
Compartir esta petición
Petición creada en 10 de febrero de 2021