Contra a eliminación do Departamento de Portugués no IES San Paio de Tui

O problema

Solicitamos o teu apoio para evitar a eliminación do Departamento de Portugués no IES San Paio de Tui

Á atención da Consellería de Educación da Xunta de Galicia,

A recente decisión da Consellería de suprimir o Departamento de Portugués no IES San Paio de Tui é motivo de gran preocupación. Este departamento foi pioneiro en Galicia, sendo o primeiro en ofrecer a ensinanza da lingua portuguesa, moito antes de que se implantara noutros centros educativos da comunidade.

O IES San Paio de Tui, situado a apenas un quilómetro de Portugal, forma parte da Eurocidade Tui-Valença, un contexto transfronteirizo que favorece a colaboración entre Galicia e Portugal. Neste sentido, a ensinanza do portugués neste centro ten un valor estratéxico fundamental, tanto para o alumnado como para as relacións culturais e educativas entre ambas as rexións.

O interese polo portugués no centro segue a medrar, con trinta estudantes matriculados en 1º de ESO este curso, e tamén hai alumnado en 1º de Bacharelato. Ademais, propúxose a creación dunha sección bilingüe en portugués para 3º de ESO na materia de Historia, ampliando a presenza deste idioma en novas áreas do currículo.

Nos últimos anos, entre sete e oito estudantes do IES San Paio de Tui participaron anualmente nos exames de CAPLE (Centro de Avaliação de Português Língua Estrangeira) para obter os niveis B1 e B2, acadando unha taxa de aprobados do 100%. Ademais, este curso organizouse unha viaxe de estudos ás Illas Azores para reforzar o vínculo cultural e educativo coa lusofonía.

A eliminación deste departamento carece de razóns obxectivas. O argumento de que "non é a primeira lingua no centro" tamén podería aplicarse a outros departamentos, como o de Francés, que non se ve afectado pola mesma medida. Ademais, esta decisión contravén os obxectivos da Lei Paz Andrade (Lei 1/2014), aprobada por unanimidade no Parlamento de Galicia, que busca precisamente potenciar o ensino do portugués nos centros públicos galegos.

Manter o Departamento de Portugués no IES San Paio de Tui é esencial para garantir unha correcta planificación pedagóxica, desenvolver programacións adecuadas, fomentar actividades relacionadas coa lingua portuguesa e ofrecer un seguimento educativo máis completo. A súa eliminación representaría un retroceso significativo para a oferta educativa do centro, especialmente nunha área fronteiriza onde o portugués ten unha importancia tan destacada.

Por iso, solicitamos o teu apoio para pedir á Consellería de Educación da Xunta de Galicia que reconsidere esta decisión e manteña o Departamento de Portugués no IES San Paio de Tui, asegurando unha formación lingüística e cultural adecuada para o seu alumnado.

Asina esta petición para preservar o ensino do portugués no IES San Paio de Tui e apoiar un proxecto educativo clave para a integración entre Galicia e Portugal.

Vitória
Este abaixo-assinado foi vitorioso com 1.598 apoiadores!

Mensagens de apoiadores

Atualizações do abaixo-assinado

Compartilhar este abaixo-assinado

Abaixo-assinado criado em 24 de setembro de 2024