PAREMOS AS TALAS DO BOSQUE DO RIO FONDON

El problema
A veciñanza de Chapela e Trasmañó está alarmada pola tala de 5.000m2 de bosque que se producíu nunhas parcelas próximas ao río Fondón. Pero o peor está por chegar, xa que se pretenden facer novas talas en parcelas máis preto do río ainda. O bosque de ribeira do Fondón está calificado como de “valor ecolóxico” polo Plan de Ordenación do Litoral (POL). Este bosque ten unha gran beleza e moita biodiversidade, con sobreiras de gran porte, aveleiras, amieiros, bidueiros, carballos, castiñeiros e con especies arbustivas protexidas como a xilbarbeira ou rusco.
A senda pola ribeira do Fondón é dos poucos espazos de calidade que ainda lle queda a Chapela, polo que non podemos permitir que se destrúa este entorno.
Por outra banda, os veciños da zona denuncian que algunas das talas se fixeron en fincas sen o consentimento dalgún propietario. Ademáis na zona existen numerosas fincas sen propietario coñecido e nas que tamén se están realizando talas sen autorización.
Tamén a veciñanza do lugar é testigo das malas prácticas, como o uso de maquinaria pesada en entornos sensibles, destrozando camiños e degradando os solos, de forma que a erosión provocada polas choibas causa o embarramento de estradas.
Outra mala práctica é a corta de amplas superficies a “mata rasa”é decir, sen deixar nada en pé. Isto se pode facer en parcelas onde só hai eucaliptos, pero onde hai combinación con árbores frondosas non se pode facer. Ademáis a tala a mata rasa provoca que os terreos sexan rápidamente colonizados polas acacias, especie invasora e sen valor comercial. Polo que todos saímos perdendo, incluso as persoas propietarias das fincas.
Outro factor a ter en conta é que as talas a "mata rasa" en terreos con gran pendente aumenta o risco inundación, xa que as arbores non reteñen as augas e se poden acumular nas zonas dos ríos que se topan co efecto barreira da AP-9.
Consideramos que as talas deben realizarse de forma respetuosa, coa técnica do “entre saca”, respetando as árbores autóctonas de gran porte e recurrindo a medios materias axeitados ao entorno (e non usar orugas e tractores de gran tamaño nas proximidades dos ríos).
Os bosques autóctonos tamén cumpren unha función de protección frente aos incendios, algo moi a ter en conta en Chapela, con moita superficie de eucaliptos e pinos, preto de barrios moi denseamente poboados como Cidadelle ou A Lamosa.
A veciñanza da zona se organizou espontáneamente e recolleron en poucos días máis de 150 sinaturas para evitar a tala do bosque autóctono que nos queda. Súmate agora a esta recollida de sinaturas.
Facemos un requerimiento público a Augas de Galicia e a Medio Rural (organismos da Xunta responsables da concesión das autorizacións das talas), para que non permitan a destrucción do noso patrimonio natural.
Unha mostra da repercusión causada polas talas son as seguintes noticias:
Nova noticia:
https://www.farodevigo.es/comarcas/2021/09/08/vecinos-chapela-exigen-paren-talas-57061862.html
Noticias anteriores:

Petición cerrada
Comparte esta petición
Los destinatarios de la petición
Actualizaciones de la petición
Compartir esta petición
Petición creada en 31 de agosto de 2021