Petición cerrada

Evitemos a privatización da certificación de idiomas no ensino público

Esta petición ha conseguido 1.800 firmas


A Asociación de Profesorado de Escolas Oficias de Idiomas de Galicia (APEOIGA) manifesta o seu malestar polas xornadas de certificación de competencia en linguas para profesorado a cargo de entidades privadas que está a organizar o Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) por encomenda da Subdirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Esta iniciativa é totalmente improcedente polas seguintes razóns:
-usurpa unha función propia das Escolas Oficiais de Idiomas (EOI) de Galicia, como é a de certificar a competencia en linguas, que desempeña con persoal altamente cualificado e experiencia dabondo neste eido, que ademais teñen a encomenda legal de ofrecer formación ao profesorado e outros colectivos profesionais
-só certifica as competencias orais en inglés, cando os exames de certificación das EOI certifican o nivel de xeito global (nas súas catro destrezas comunicativas)
-supón un agravio comparativo para co profesorado que xa cursou estudos conducentes á certificación de linguas, para o cal tivo que pagar unhas taxas e/ou acumular unha serie de horas dunha formación esixente
-responde á urxencia propagandística da Consellería de habilitar a canto mais profesorado para impartir asignaturas en inglés en centros plurilingües, ignorando uns criterios mínimos de calidade
-sobrepasa o cometido propio do CAFI, que foi creado para o ofertar accións formativas diversificadas, dinámicas e innovadoras, e non para a organización de sesións de certificación da competencia en linguas, que é unha función propia e exclusiva das EOI
Ao entender de APEOIGA, o recurso ás certificacións privadas supón a dilapidación dos recursos públicos e ignora de forma consciente a existencia das EOI de Galicia, entidades públicas e oficiais certificadoras de linguas. É incomprensible que na estratexia galega de linguas estranxeiras Edulingüe da Consellería de Educación non se lle outorgue ningunha función ás institucións públicas e oficiais especializadas no ensino de linguas estranxeiras como son as EOI.

 



Hoy: Asociación de Profesorado cuenta con tu ayuda

Asociación de Profesorado EOI de Galicia necesita tu ayuda con esta petición «Consellería de Cultura Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia: Evitemos a privatización da certificación de idiomas no ensino público». Únete a Asociación de Profesorado y 1.799 personas que ya han firmado.