Apoia a Ponte Solidario a conseguir un local público onde continuar a súa obra como ONG

El problema

Dende Ponte Solidario mostrámonos indignados cos incumprimentos continuos dos acordos acadados entre Concello e Ponte Solidario. O problema da falta dun local
digno para a realización das diversas actividades de Ponte Solidario (e outros colectivos) vai a alcanzar os 2 anos de aprazamentos e promesas incumpridas do goberno local.

O local principal onde realizamos as nosas actividades principais como asembleas, reunións, almacenamento de alimentos e outros produtos de primeira necesidade, impártense clases particulares, desenvólvese asistencia psicolóxica, etc., ten problemas estruturais e debe de ser abandonado. Este local é unha cesión desinteresada dunha empresade Ponteareas.

En Xaneiro de 2016 Ponte Solidario solicitou un local ó Goberno municipal para poder realizar as súas tarefas diarias. En verán sumaríanse outros colectivos co fin de compartir local e optimizar os recursos públicos. Dende o principio as evasivas para ter reunións e os retrasos para plantexar un espazo válido foron constantes. En Febreiro de 2016 informóusenos que o asunto estaba avanzado pero non é hasta Setembro que o Concello, a suxerencia da organización solidaria, ofrece un espazo na Estación de Autobuses.

Posteriormente recíbese unha confirmación da cesión dun local por medio dun borrador de contrato. Pero o espazo que se ofrece é outro diferente do acordado, e só se podería usar para reunións, non para a actividade diaria e o almacenamento de material. Despois dun ano de reunións e prazos incumpridos en verán de 2017, o concello presenta un contrato de cesión do local inicialmente programado. A palabra do alcalde foi que Ponte Solidario estaría no local no pasado mes de setembro. ¡PERO SEGUIMOS SEN LOCAL A DÍA DE HOXE! A existencia de Ponte Solidario corre perigo cada día que pasa ante a inacción do Goberno Local e a súa actividade actual xa está afectada pola carencia dun espazo digno. Ante isto, iniciamos esta campaña de recollida de firmas co ánimo de obter o
apoio das veciñas e veciños de Ponteareas na demanda dun local municipal para poder desenvolver a súa actividade, imprescindible ante as carencias nas políticas de servizos sociais municipais e da Xunta de Galicia.

Non esquezamos que este local é importante para nós, pero tamén moi importante para as outras organizacións que se suman a esta petición e que precisan dun espazo público para poder continuar coas súas labores. Algunha delas leva incluso máis de 25 anos facendo un servizo a comunidade sen local o que recurrir!!!

Entre as actividades que estes colectivos desenvolven ao longo do ano, podemos citar:
� Actividades e accións de defensa ambiental, desde hai máis de 25 anos.
� Visibilizar a importancia da loita feminista e denunciar as manifestacións
machistas do sistema patriarcal imperante.
�Realizar un festival de música e actividades culturais ao longo de todo o ano
reivindicando a defensa da lingua e cultura galegas e outras oprimidas desde
unha clara perspectiva de xénero.
� Levar a cabo accións de activismo social, loitar contra a desigualdade e a
axuda desinteresada.
�Promover o empoderamento e a defensa das persoas no cumprimento efectivo
do seu lexítimo dereito a unha vivenda digna.

Estes son só algúns dos obxectivos que se materializan ano tras ano debido ao esforzo destes grupos (ADENCO, o Círculo Feminista de Ponteareas, Festival das Brétemas de Ponteareas, Ponte Solidario ou a Plataforma de Afectados polas Hipotecas) e que poderían deixar de cumprirse ante a falta de medios.

avatar of the starter
Ponte SolidarioCreador de la petición
Victoria
¡La petición ha conseguido su objetivo gracias a 447 firmas!

Los destinatarios de la petición

Concello de Ponteareas
Concello de Ponteareas
Actualizaciones de la petición
Compartir esta petición
Petición creada en 30 de octubre de 2017