Salvemos a Torre

Esta petición ha conseguido 759 firmas

El problema

Dende o colectivo #torremakers iniciamos esta recolleita de sinaturas para seguir poñendo en valor a Torre dos Mestre ou Torre de Escuredo e tratar de evitar a súa desaparición.

A Torre foi o único BIC da nosa vila, aínda que ven de perder esa catalogación, a petición dos propietarios, hai ben pouco tempo, o que a deixa desprotexida en moitos ámbitos... Ademáis, é un inmoble co que todos os veciños temos un vínculo emocional e non podemos permitir que se perda.

O seu estado de deterioro dende hai anos achégase agora mesmo á ruína… non cremos que a Torre poida soportar un inverno máis sen que a súa linterna e a galería se desplomen, o que sería xa a confirmación da súa fin. Os danos que sufriu nos seus interiores, entre eles no famoso Salón Árabe, son aínda, seguramente, subsanables, pero non podemos perder máis tempo.

Por eso queremos achegar este documento ao Goberno Municipal e ás administracións ou organismos pertinentes, para que se fagan cargo desta situación e leven a cabo os trámites precisos para que a casa de Luís Antonio Mestre e Eugenio Escuredo, que contén unha importantísima parte da historia do Grove, pase a ser un ben municipal.

Grazas por colaborar!

avatar of the starter
Colectivo TorremakersCreador de la petición

Los destinatarios de la petición

Concello de O Grove
Concello de O Grove
Diputación Provincial de Pontevedra
Diputación Provincial de Pontevedra

Actualizaciones de la petición

Compartir esta petición

Petición creada en 8 de junio de 2021