Reparación do pavimento no Campus Vida da USC

El problema

                As rúas do Campus Vida da USC precisan dunha urxente reparación. O deterioro das beirarrúas é patente con numerosas lousas soltas, a auga acumúlase debaixo destas dando lugar ao que os estudantes chamamos “baldosas mina” o seren pisadas, a parte de mollar o pé, a salpicadura alcanza toda a perna. A experiencia permite evitar estes obstáculos despois de reiterados encontros coa mesma lousa pero existen outros males que xa non dependen da cautela do peón. As numerosas pozas e o caudaloso regueiro na marxe da estrada, formado polo mal estado da vía e unha mala recollida de augas, propicia as salpicaduras por parte dos coches. Nalgúns casos a molladura pode ser da cabeza os pés. Ademais se a chuvia é intensa, algo moi usual nesta cidade, o regueiro chega a anegar completamente tramos da estrada, como o paso de peóns situado a beira da cafetería do COIE, imposibilitado cruzar a rúa sen risco de mollar os pés.

                O concello de Santiago de Compostela benefíciase dos estacionamentos de franxa azul do Campus Vida, polo que debe reparar o seu pavimento. Noutras zonas da cidade estanse a reparar e ornamentar con flores as beirarrúas que presentaban un deterioro inferior o existente no campus universitario. A falta de coordinación entre o reitorado e o concello non é escusa para evitar esta necesaria remodelación.

                Solicitamos que se inicien as reparacións do pavimento no Campus Vida da Universidade de Santiago de Compostela coa máxima celeridade posible para que os viandantes transitemos sen obstáculos e incidentes polas súa rúas.

Esta petición ha conseguido 16 firmas

Los destinatarios de la petición

Concellería de Brigada de Vías e Obras do Concello de Santiago de Compostela

Actualizaciones de la petición
Compartir esta petición
Petición creada en 7 de marzo de 2014