Petición cerrada

.@Barclays e @CreditSuisse: Non financien a megamina de ouro en Corcoesto (Galicia)

Esta petición ha conseguido 32.401 firmas


Galicia enteira e milleiros de persoas en España e o resto do mundo están mobilizándose para poñer freo á megaminería contaminante. Con todo, os nosos políticos seguen sen escoitar e a megamina de ouro de Corcoesto, o proxecto máis avanzado de entre todos os que ameazan Galicia, segue adiante. Por iso, temos que dirixirnos a aqueles dos que depende en última instancia que comece a devastación da nosa terra: os bancos Credit Suisse e Barclays Bank. Estas entidades están dispostas a conceder dous créditos á empresa mineira para financiar a explotación. É o momento de impedir que o fagan.

Estas entidades xa subscribiron un preacordo coa empresa canadiana Edgewater Exploration Ltd. para financiar a extracción mineira en Corcoesto con dous créditos que sumarían 120 millóns de euros, o 75% do investimento total que se prevé realizar. Pero aínda que contan coa aprobación preliminar das entidades, a execución dos créditos dependerá do estudo de viabilidade económica do proxecto.

Credit Suisse afirma que se compromete "a considerar as cuestións medioambientais no desenvolvemento dos seus negocios", que os seus produtos e servizos "combinan obxectivos económicos co cumprimento de requisitos ambientais e sociais", e que "contemplan a sustentabilidade á hora de xestionar riscos".

Pola súa banda, Barclays Bank sostén que "temos que ter moi presente a nosa responsabilidade coa sociedade porque creemos que ser valorados, respectados e de confianza é vital para crear valor sustentable para a nosa entidade". Para iso, afirman que "estamos facendo importantes esforzos por reducir os nosos impactos sobre o medio ambiente. Os esforzos non están centrados únicamente nos nosos propios impactos operativos directos, senón tamén na influencia máis ampla que podemos exercer a través das nosas actividades de préstamos e investimento."

Se estas palabras son algo máis que mero papel mollado, estes bancos deben deter o financiamento dun proxecto que vai poñer en risco a contorna e a saúde dos galegos.

Varios colectivos de Galicia xa trasladaron a estas entidades documentación que demostran os escasos recursos auríferos presentes en Corcoesto e o enorme risco ecolóxico que implica comezar a extracción. Pero temos que ser milleiros as persoas que clamen para evitar que estas entidades se convertan en cómplices da destrución da nosa terra. Firma agora esta petición e dille ben claro ao Barclays Bank e ao Credit Suisse que non queres que invistan o seu diñeiro na mina de Corcoesto.

 PETICIÓN EN CASTELLANO



Hoy: Serafín cuenta con tu ayuda

Serafín González Prieto necesita tu ayuda con esta petición «.@Barclays e @CreditSuisse: Non financien a megamina de ouro en Corcoesto (Galicia)». Únete a Serafín y 32.400 personas que ya han firmado.