Aplicar no rural as ratios de educación xa! Cada neno conta. Cada mestra, tamén.

O problema
O que pedimos é moi claro: que nos colexios dos concellos de menos de 3.000 habitantes se apliquen xa este curso as ratios reducidas anunciadas —a bombo e platillo— antes das eleccións.
Pero a realidade é outra. Descubrimos que a Xunta introduciu unha reforma sen apenas publicidade a través da lei de acompañamento dos orzamentos. Esta nova redacción retrasa a entrada en vigor real das novas ratios ata o curso 2027/28, cando xa será —casualmente— outro ano electoral.
Isto supón que, ata entón, moitos colexios como o noso seguirán sufrindo recortes e agrupamentos absurdos. O vindeiro curso, por exemplo, a norma establece que nunha aula non poderá haber máis de 14 alumnos de 1º e 2º, pero si 18 se engadimos tamén a 3º de Primaria. É unha contradición que evidencia a falta de compromiso real.
Non estamos a pedir nada extraordinario. Só queremos que se cumpra o que xa se aprobou, se anunciou, e que máis tarde se decidiu adiar sen ningunha explicación.
As normas non poden ser iguais para realidades distintas. O rural non é unha cidade. Aquí non hai outras escolas á volta da esquina. Se se deterioran os nosos centros, as familias marcharán, e ese será o final do rural que tanto din defender.
Por iso dicimos:
- O rural non pode agardar.
- Queremos as ratios xa.
- Son nenos, non números.
Esta é unha decisión política, e só a política pode reverter esta inxustiza. Se a vontade era certa antes das eleccións, demóstreno agora.
Asina e comparte esta petición se cres que todos os nenos, vivan onde vivan, merecen un ensino público de calidade.
1.965

Atualizações do abaixo-assinado
Compartilhar este abaixo-assinado
Abaixo-assinado criado em 26 de agosto de 2025