Pola rehabilitación da Escola Infantil Santa Susana (Santiago de Compostela)

0 personas han firmado. ¡Ayuda a conseguir 500!


No curso 2015-2016, a Escola Infantil Santa Susana sita na Alameda de Santiago de Compostela, fechou temporalmente para proceder a súa rehabilitación integral, coa promesa de que se suspendería únicamente no curso 2016-2017 mentres seguiran a realizarse traballos. Esto acarreou o desprazamento dos traballadores a outros centros da comarca así como reasignar os nenos que estaban con praza neste centro nos diferentes centros públicos da comarca coas lóxicas molestias derivadas destes traslados.

A data de hoxe 2-6-2017 aínda non se iniciaron estas obras, os ingresos para o curso 2017-2018 xa non se abriron para este centro polo que de facto perdense outro ano sobre 90 prazas de gardería no centro de Santiago de Compostela, coa conseguinte molestia tanto para usuarios que non disfrutan do servizo como dos traballadores desplazados temporalmente a outros centros.

DENUNCIAMOS: 

A neglixencia desta consellería quen non se preocupa da correcta xestión dos centros públicos, facendo unha gran inversión en centros concertados que son a prioridade  real mentres que os centros de titularidade pública presentan cada vez mais deficiencias sen que haxa visos de solución ou solucionando como neste caso deixando "empantanada" unha obra necesaria.

SOLICITAMOS:

O inmediato comenzo das obras de rehabilitación da Escola Infantil Santa Susana á maior brevidade para repoñer un servizo público esencial logo de levar xa un ano perdido sen que haxa indicio algún do comenzo das obras.

 



Hoy: Comite de Empresa da Xefatura Territorial de A Coruña da Consellería de Política Social cuenta con tu ayuda

Comite de Empresa da Xefatura Territorial de A Coruña da Consellería de Política Social necesita tu ayuda con esta petición «Alberto Nuñez Feijoo. Presidente da Xunta de Galicia: Pola rehabilitación da Escola Infantil Santa Susana (Santiago de Compostela)». Únete a Comite de Empresa da Xefatura Territorial de A Coruña da Consellería de Política Social y 458 personas que ya han firmado.