Adoptar de inmediato as medidas tendentes a garantir un mínimo estado de conservación, limpeza e consolidación dos restos do Mosteiro De San Paio De Albeos.

Esta petición ha conseguido 221 firmas

El problema

 

Na parroquia de Albeos, concello de Crecente, lugar onde naceu San Paio, consérvanse en pésimas condicións as ruinas dun mosteiro románico de freiras bieitas.

 

As orixes deste cenobio remóntanse até o século X, momento no que o bispo de Tui, Hermoxio, mándao construír na honra do seu sobriño Paio, martirizado en Córdoba durante o califato de Abderramán III, no ano 925. Se ben, a actual obra que nos chega moi alterada, poderíase datar cara finais do século XII ou principios do XIII, pois presenta similitudes estilísticas con outras obras da zona e doutros lugares de Galicia, alén de que xa é mencionado na documentación como a doazón de Dona Urraca da metade do mosteiro ao bispado de Tui en 1071.

 

A importancia de este mosteiro, non se debe sen dubida somentes ao seu valor artístico como representación da arquitectura románica da dioceses tudense, senón tamén ao seu papel dentro da historia de Galiza, xa que Albeos esta vinculado ao mártir San paio. Tamén debemos falar dunha posíbel vinculación a personaxes históricos, como Pedro Alvarez de Soutomaior e ao seu liñaxe, non debemos esquecer tamén as súas relacións co territorio portugués, xa que a dioceses de Tui tiña baixo a súa xurisdición a rexión de Entre-Minho-E-Lima, e ademais o mosteiro contaba con posesións na veciña vila de Melgaço.

 

A día de hoxe, o mosteiro preséntasenos como un pequeno edificio de planta rectangular, carente de cuberta, invadido por unha grande mata de hedra que co tempo rematara por tirar ao chan o pouco que queda en pe. Non esquecer asómesmo que dita edificación atopase a venda por uns 300.000 €.

 

A edificación atopase seme enterrada, e parte dela empregada como alpendre. Sería preciso levar a cabo actuacións arqueolóxicas e dende logo unha urxente actuación de limpeza da vexetación e consolidación dos muros para a súa conservación.

 

Segundo a lei 8/1995, de 30 de Outubro, do patrimonio Cultural De Galicia, (DOG nº 214, de 8 de novembro de 1995), no seu artigo 25:

 

Deber de conservar.
1. Os propietarios, posuidores e demáis titulares de dereitos reais sobre bens integrantes do patrimonio
cultural de Galicia están obrigados a conservalos, cuidalos e protexelos debidamente para asegurar a
súa integridade e evitar a súa perda, destrución ou deterioración.
2. Os poderes públicos garantirán a protección, conservación e enriquecemento do patrimonio cultural
de Galicia.

 

Por o tanto, e aténdonos a citada lei, demandamos a xunta de Galiza, e a dona María del Carmen Martínez Insua, como directora Xeral De patrimonio Cultural da Xunta de Galiza a adoptar de inmediato as medidas tendentes a garantir un mínimo estado de conservación, limpeza e consolidación dos restos do Mosteiro De San Paio De Albeos.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Los destinatarios de la petición

Dona María del Carmen Martínez Insua
Dona María del Carmen Martínez Insua
Directora Xeral De patrimonio Cultural da Xunta de Galiza

Actualizaciones de la petición

Compartir esta petición

Petición creada en 16 de marzo de 2014