SOS Fonte de Troncoso - Rehabilitada e pública

El problema
A denominada Fonte de Troncoso, é un edificio monumental situado no concello de Mondariz Balneario (Pontevedra) a beira esquerda do rio Tea. Proxectada polo recoñecido arquitecto porriñes Antonio Palacios e que deu orixe a vila Balnearia. A fonte componse de dous espazos diferenciados, por unha banda a fonte, cuberta por un marquesina de ferro e cercada por unha forxa construídas polo taller mecànico de Manuel González a finais do século XIX, albergando no seu interior unha baranda modernista obra de fundición das empresas de Antonio Sanjurjo Badía, e pola outra, un pavillón pechado destinado en orixe as labores de embotellado e comercialización da auga mineiro-medicinal. Ámbolos dous espazos están perfectamente coligados dando unha imaxe de únidade. Así mesmo o arquitecto Antonio Palacios integrou a Fonte de Troncoso co resto dos inmobles balnearios ( Fonte de Gándara, paseo de Troncoso, etc.) xerando o conxunto histórico que compón a integridade do Balneario de Mondariz.
Na actualidade o inmoble é de propiedade privada, e esta inserido no catalogo de bens protexidos de Mondariz Balneario o que implica que esta protexido baixo o amparo da lei de Patrimonio de Galicia 5/2016. Aínda tendo esta protección legal a realidade e ben distinta, o inmoble esta nun estado de abandono total e de semiruína, o tellado do pavillón pechado xa sucumbiu o pasado inverno e a forxa que cerca a fonte esta totalmente degradada, de seguir así a degradación da fonte pode chegar a ser irreversible. É patente a existencia dunha necesidade urxente de realizar accións que freen o deterioro da fonte, que a rehabiliten e a poñan en valor. É por iso que mediante este documento esixímoslle as autoridades competentes en materia de patrimonio, Xunta de Galicia e Concello de Mondariz Balneario, que tomen parte no asunto e destinen tódolos medios necesarios para devolverlle a Fonte de Troncoso todo o seu valor.

747

Actualizaciones de la petición
Compartir esta petición
Petición creada en 17 de octubre de 2019