ABANCA aproveitou a COVID para pechar a biblioteca do Calvario. Reapertura ou cesión xa!
O problema
O distrito de Lavadores-Calvario, con case 58.000 residentes, é o mais poboado da cidade de Vigo e mesmo supera o distrito de Coia.
Mais nin a poboación, nin os numerosos centros educativos que concentra nin a grande cantidade de estudantado universitario que vive aquí parecen importarlle ás autoridades, porque ata marzo de 2020 só contaba con dúas bibliotecas: a Xosé Neira Vilas do Concello, inaugurada en 2011 e con 42 postos de lectura, e a Afundación de Abanca, inaugurada en 1980 pola caixa de aforros municipal e con 80 postos de lectura.
Coa alerta sanitaria pola COVID, Abanca e a súa fundación decidiron pechar todos os seus centros ao público, para deter a propagación do virus. Mentres aproveitou o parón para reformar os seus centros do Teatro García Barbón e das Travesas, decidiu abandonar o do Calvario e pechalo definitivamente sen anuncialo nin dar explicacións públicas. O banco decidiu deixar o barrio sen un dos seus servizos bibliotecarios que herdou da obra social das antigas caixas, provocando que boa parte do alumnado do Calvario se teña que desprazar ao Centro, ao Casco Vello ou a Torrecedeira se quere ter un posto onde poder estudar.
Esiximos que sigan prestando este servizo á veciñanza ou senón que o Concello se faga cargo dela! Non ao peche da biblioteca!

Os tomadores de decisão
Atualizações do abaixo-assinado
Compartilhar este abaixo-assinado
Abaixo-assinado criado em 3 de setembro de 2021