POR UN ESPECIALISTA DE EDUCACIÓN MUSICAL NAS ESCOLAS DE EDUCACIÓN INFANTIL

El problema
A importancia dun mestre/a especialista en educación musical na Educación Infantil
A música desempeña un papel fundamental no desenvolvemento integral dos nenos/as nos seus primeiros anos de vida. Durante a etapa de Educación Infantil (0-6 anos), a exposición a actividades musicais contribúe significativamente ao seu crecemento emocional, cognitivo, social e motor. Nesta maravillosa viaxe, a música emerxe coma unha poderosa ferramenta que nutre e enriquece cada unha destas dimensións de xeito único e significativo.
Ademáis dun disfrute para os oídos, trátase dun exercicio integral para o cerebro no seu desenrolo. Aprender unha canción, seguir un ritmo ou identificar melodías, estimula a memoria, a atención e a concentración. A práctica musical, especialmente con instrumentos, fomenta o pensamento abstracto, o razonamento lóxico-matemático e as habilidades de resolución de problemas. A necesidade de coordinar movementos e ler partituras (incluso de xeito simplificado), fortalecen a coordinación visoespacial e a destreza motora fina. Trátase dun universo de beneficios cognitivos.
A música é unha linguaxe universal que trascende barreiras culturais e idiomáticas, tecendo lazos sociais e emocionais.
LAMENTABLEMENTE, AS ESCOLAS DE EDUCACIÓN INFANTIL NON CONTAN CON ESPECIALISTAS DE EDUCACIÓN MUSICAL.
Aínda que as mestras/es especialistas en Educ. Infantil teñen nos seus temarios da carreira algunha materia vinculada á música e á psicomotricidade, algúns fórmanse despois a través de cursos principalmente, pero correspóndelle aos especialistas en Educ. Musical e en Educ. Física desenvolver plenamente estes aspectos na Educación. Proba disto, nos centros educativos onde se cursa a ensinanza obrigatoria (Ed. Primaria e Ed. Secundaria) contan con ditos especialistas.
Con todo isto, na Comunidade Autónoma de Galicia existe moitas veces unha desigualdade evidente na atención á Educación Musical entre o alumnado das escolas de educación infantil (EEI) e o alumnado dos centros de educación infantil e primaria (CEIP). Dado que o alumnado infantil matriculado nun CEIP pode desfrutar de algunha hora semanal en Educ. Musical por parte do seu correspondente especialista (se dispón de horas), existe unha desigualdade cara ao alumnado infantil matriculado nas EEI, que non poden desfrutar de tal mestre experto coñecedor da materia.
Actualmente, o catálogo de centros exclúe aos mestres/as especialistas en educación musical das escolas de educación infantil, mentras que nos CEIP esta figura sí está recoñecida e se atopa integrada no equipo educativo. Esta situación xenera unha diferencia clara hacia estes nenos e nenas nos seus primeiros anos de vida, privándoos dunha atención especializada que potencie o seu desenvolvemento musical e, polo tanto, o seu desenrolo global.
A presencia dun mestre/a especialista en educación musical nas escolas de infantil sería fundamental para garantir igualdade de oportunidades no acceso a unha educación de calidade, que favoreza a creatividade, a expresión e a aprendizaxe temperá. Ademais, a incorporación destes profesionais contribuiría a reducir as desigualdades educativas, asegurando que todos os nenos/as, independentemente do centro no que estudien, poidan beneficiarse de metodoloxías actualizadas e adaptadas as súas necesidades.
Así, resulta imprescindible actualizar o catálogo de postos de traballo docentes dos centros para reflexar a realidade educativa actual e recoñecer a importancia da educación musical na etapa de infantil. Este catálogo estableceuse no ano 2007 polo que é obsoleto e non reflexa as necesidades actuais dos centros educativos, nin os avances na pedagoxía e lexislación educativa. A súa actualización podería aliviar a situación actual, tanto do especialista de Educ. Musical como de especialistas tan importantes coma PT e AL en moitos centros educativos de Galicia. Todo pasa por actualizar este catálogo de postos de traballo docentes.
Mentres a revisión-renovación non se leve a efecto, sería recomendable a incorporación, de xeito provisional, dun especialista en Ed. Musical que poida acudir ás EEI, e impartir 1 hora semanal por aula (véxase a ORDE do 6 de xullo de 2007 pola que se establece o número de unidades e os postos de traballo docentes dos centros públicos dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria nos niveis de educación infantil, primaria e educación especial).
Contar cun mestre/a especialista en educación musical nas escolas de educación infantil é esencial por varias razóns:
Estimulación temperá do desenvolvemento cognitivo: A música axuda a mellorar habilidades como a memoria, a atención e a linguaxe. Un especialista pode deseñar actividades adaptadas, acorde á idade dos nenos/as e as súas necesidades, que potencien estas áreas.
- Fomento da expresión emocional e social: A música permite aos nenos/as expresar os seus sentimentos, así como aprender a compartir e colaborar cos seus compañeiros/as, promovendo habilidades sociais e emocionais, contribuíndo a un crecemento equilibrado e saudable.
- Desenvolvemento de habilidades motrices: A participación en actividades musicais, como bailar ou tocar instrumentos sinxelos, favorece o desenrolo da coordinación, así como a motricidade fina e grosa.
- Potenciación da creatividade e a imaxinación: A música estimula a creatividade, permitindo aos nenos/as explorar diferentes sons, ritmos e melodías, o que enriquece o seu mundo imaxinativo. Estes especialistas aportan metodoloxías innovadoras e actualizadas, alineadas coa lexislación vixente e as mellores prácticas educativas.
- Formación dunha base para futuras habilidades artísticas: A introdución temperá á música senta as bases para un posible interese e talento nas áreas artísticas e culturais nas etapas posteriores.
- Equidade na educación: Garantir a presencia de profesionais especializados en todas as etapas educativas asegura unha atención de calidade e equitativa para todo o alumnado, evitando diferenzas en función do centro onde estén matriculados.
Un mestre/a especialista en educación musical posúe a formación e experiencia necesarias para deseñar e levar a cabo actividades musicais apropiadas para cada etapa do desenvolvemento infantil, asegurando que a música sexa unha ferramenta efectiva para o seu crecemento integral.
En conclusión, integrar un mestre/a especialista en educación musical nas escolas de educación infantil non so enriquece o currículo, senón que tamén contribúe de maneira significativa o benestar dos nenos/as nos seus primeiros anos de vida así como a un desenvolvemento máis equilibrado e completo, sentando as bases para un axeitado aprendizaxe e crecemento saudable.
Existe unha desconexión entre a normativa vixente e a realidade educativa actual, na que a presencia de profesionais especializados na educación musical pode potenciar significativamente o proceso de ensino-aprendizaxe e o desenvolvemento do alumnado.
A incorporación dos mestres/as de Educ. Musical contribuirá a ofrecer unha educación máis completa e inclusiva, garantindo unha maior equidade e calidade na educación, en liña coa lexislación vixente e as necesidades actuais do alumnado.
Por todo isto, solicitamos á Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP que dote a todas as Escolas de Educación Infantil (EEI) de Galicia cun mestre/a especialista en Educación Musical de xeito que poida impartir, cando menos, unha sesión de 1 hora semanal a cada unha das aulas/grupos dos centros educativos.
“Que todo o alumnado infantil de Galicia teña educación musical nas súas escolas”
1486

Actualizaciones de la petición
Compartir esta petición
Petición creada en 5 de junio de 2025