Protexamos o que é noso. Defende Meirás!

Esta petición ha conseguido 1383 firmas

El problema

Nas últimas semanas comparecemos atónitos e atónitas á capacidade da familia Franco para botar pulsos á democracia. Nesta ocasión ao redor da propiedade dos bens mobles do Pazo de Meirás.

Desde a Iniciativa Galega pola Memoria e as entidades e persoas que lanzamos e apoiamos a iniciativa #DefendeMeirás entendemos que a medida máis urxente e garantista a respecto de evitar a saída dos bens mobles do Pazo de Meirás é incorporar o catálogo deses bens á xa existente declaración de Ben de Interese Cultural da que goza o Pazo de Meirás coa categoría de "Sitio Histórico".

Cómpre polo tanto que a Consellaría de Cultura publique ese anexo, incoando a ampliación da declaración BIC a eses bens e publicando esa declaración no DOGA. Desde a IGM xa o fixemos. O solicitamos formalmente e convidamos e animamos a todas as entidades e persoas a título individual a que fagan o mesmo.

Asina e comparte!

avatar of the starter
Iniciativa Galega pola MemoriaCreador de la petición

Los destinatarios de la petición

Actualizaciones de la petición