Petition updateOs Centros de Actividades Físicas deben permanecer abertos

Unha xuntanza fructífera!

Susana López OteroFoz, Spain
Aug 19, 2021

Unha xuntanza fructífera!
Trala reunión da fin de semana, o BNG - Bloque Nacionalista Galego anuncia que presentará unha iniciativa parlamentaria, tendo en conta as conversas e reunións con distintas asociacións, grupos e có COLEF e a Plataforma galega pola defensa da educación física a actividade física e o deporte, para a modificación das medidas covid en centros de actividades físicas e deportivas e para a elaboración dun protocolo fisicovid. Pero o PP ten maioría absoluta en Galicia e pode rexeitar a proposta, de feito xa rexeitou o a creación dun protocolo específico anteriormente. Có voso apoio temos que convencelos. A actividade física non federada non é o problema, somos parte da solución!  Grazas por firmar e compartir !!!

Copy link
WhatsApp
Facebook
Nextdoor
Email
X