
Moi boas.
Como saberedes a partir desta semana en Galicia eliminanse as restriccións por Concellos, e tómanse medidas xerais para toda a Comunidade. No que atañe ás nosas peticións, esto traducese en que se eliminan as limitación de grupos para as actividades físicas tendo que atender ao mantemento de distancia, cumplimento do aforo e uso de máscara, como viñamos reclamando.
Sen embargo, non está claro qué vai pasar en caso de que volva a haber un gran brote nalgún Concello, xa que na rolda de prensa o portavoz de Sanidade informa de que se todo vai ben en 15 días estaremos coa maior parte das actividades con aforos ao 100% (imposible no noso sector gardando a distancia), pero non din que pasa se non vai ben. Xa na rolda de preguntas indicouse que en caso de que haxa un "brote abrupto" se tomarán as medidas oportunas estudando cada caso, así que quedamos sen saber cales son ditas medidas.
O pasado mércores, como vos informamos na mensaxe anterior, Daniel Castro do BNG
defendeu unha iniciativa para que a Xunta elabore o protocolo específico fisiCovid atendendo ás necesidades do sector e en colaboración con este e que garanta a actividade físicas no interior de centros deportivos en nivel máximo.
O BNG e o PSdeG votaron a favor, o PP votou EN CONTRA. Polo tanto, a proposta quedou rexeitada, deixándonos de novo á espectativa.
Esperemos que todo vaia ben logo, e q non teñamos que lamentar o peche de ningún Ximnasio ou Centro de Actividades físicas máis.
Esperemos que do debate da nova Lei do Deporte, saia unha lei que reflexe, ben claro, que a Actividade física non é un luxo é unha Actividade Esencial, que as institucións deben garantir o acceso á poboación a ditas actividades, e esperemos que esta vez non quede so en bonitas palabras sobre o papel e se reflicta en medidas concretas.
Deixamos a petición aberta, por si volvera a haber peche nalgún Concello. Se te obrigan a pechar non dubides en poñerte en contacto!!! Esperamos poder dar a petición por conseguida plenamente pronto.
Moitas grazas a todos polo voso apoio!!!