Actualización de la peticiónOs Centros de Actividades Físicas deben permanecer abertos

Concentración na praza do Concello de Foz

Susana López OteroFoz, España
3 ago 2021

Bo día!

Onte, tras reunirnos có alcalde de Foz, e presidente da mancomunidade da Mariña, Francisco Cajoto, convocamos unha concentración na que leremos o noso manifesto e posteriormente, entregarémosllo asinado polos centros afectados, xunto coas fimas recollidas nesta plataforma, para que poida facer chegar a nosa petición á Xunta a través da mancomunidade e/ou a FEGAM. Estamos moi agradecidas pola axuda prestada pola alcaldía de Foz e o seu apoio para dar este paso.

Tamén queremos mostrarvos a nosa gratitude a todos/as as firmantes, grazas a vós estamos xa chamando a atención da prensa, así que esperamos que pronto nos escoite o goberno da Xunta. Mil Grazas.

Invitámosvos a vir a esta concentración que terá lugar na Praza do Concello de Foz, o mércores 4 de Agosto, ás 12:00. Rógase manter a distancia de seguridade e o uso de máscara.

Moitísimas grazas polo voso apoio. Namasté

 

 

 

Copiar enlace
WhatsApp
Facebook
X
Email