Petition updateInstalación de aseos nas aulas de infantil do CEIP Ramón María del Valle Inclán de Oleiros

Novas da Operación Aseos infantil Valle Inclán

Teresa Prado PrietoSpain
Nov 9, 2020

Moi boa tarde pasada por auga de luns!

Escríbolle cun gran sorriso para comunicarlle que este venres pasado, 6 de novembro, achegámonos ao Concello de Oleiros varias nais (diademas de váter na cabeza incluídas, a xente pensaba que estabamos de despedida) do equipo de petición de instalación aseos nas aulas de infantil, xunto cun escrito e as firmas solicitadas para enviar a Xefatura Territorial da Coruña de Educación. Tamén remitimos unha copia a oa concelleira de Ensino e Xuventude de Oleiros e solicitado audiencia con ambas as partes, iso si, por separado. Xa vai sendo hora de que o xefe territorial coñeza as oxeras e canas destas nais e pais guerrilleiros e escoite a nosa voz, a voz dos que non teñen voz nin voto, a dos nosos pequenos.


Neste tempo tamén creamos unha páxina Feisbusiana e un Instagram coa finalidade de darlle maior visibilidade á petición e concienciar ao número máximo de persoas posibles sobre o problema de que os máis pequenos e profesores non conten con aseos seguros dentro das súas aulas de infantil.


Do mesmo iniciamos unha actividade reivindicativa, onde os nenos poden poñer o seu granito de area, neste caso de cor, pintando á nosa mascota Vateriño . Os pais que o desexen poden mandar o debuxo ou pegalo na xanela, tal e como se fixo durante a corentena cos arcoiris.


Oxalá que pronto sexan os nosos fillos os que se laven as mans e non os políticos.


Sen máis me despido con gratitude,


Moita saúde e saúdos!


Teresa Prado

 

Copy link
WhatsApp
Facebook
Nextdoor
Email
X