Instalación de aseos nas aulas de infantil do CEIP Ramón María del Valle Inclán de Oleiros
El problema
(Importante: Por favor, tras asinar en change.org, vai ao correo electrónico para confirmar o apoio si non non queda rexistrada nesta plataforma. Perdoa as molestias e moitas grazas de antemán).
As nais e pais dos alumnos de infantil manifestamos a necesidade imperiosa e de carácter urxente de instalar un aseo adaptado en cada unha das aulas de infantil para os pequenos do centro. Estos aseos existen xa nas aulas de 4° de infantil do mesmo colexio e noutros colexios do Concello, así que seguindo o mesmo criterio, 5° e 6° de infantil deberían contar cos devanditos servizos para garantir as condicións de hixiene e saúde óptimas.
Debido á súa curta idade e á escasa autonomía nalgúns casos, os nosos pequenos son incapaces por si mesmos de tomar as debidas precaucións fundamentais neste momento de crise sanitaria para loitar contra a Covid 19, como practicar unha adecuada hixiene de mans ou manter unha distancia física de seguridade. Non dispor dun aseo por aula nin de persoal de apoio que os acompañe ó aseo existente na actualidade, fai imposible que se cumpran con garantía as medidas de hixiene indicadas nos protocolos da Xunta.
O xel hidroalcóholico non é a solución axeitada, debido á cantidade de efectos secundarios que carrexa (intoxicaciones en pícaros que aínda se levan todo á boca, dermatitis, teoría das súper bacterias, etc.), así como tamén é máis que plausible a transmisión dese virus e outros por transmisión fecal.
Os firmantes ao rubricar este escrito mostran o seu desexo da instalación urxente dun aseo por aula, co único fin lexítimo de retomar a volta ao cole con garantías e seguridade para toda a comunidade educativa.
Rogamos ao CEIP Ramón María do Valle Inclán e á Concellería de Ensino e Xuventude proceda a realizar os trámites necesarios para levar a cabo dita obra canto antes, a sabendas de que quen debería sufragar os gastos da obra debería ser a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Pois como é consabido a educación é a alma e o futuro deste pobo.
Victoria

Los destinatarios de la petición
Actualizaciones de la petición
Compartir esta petición
Petición creada en 13 de septiembre de 2020