Deficiencia subministro eléctrico

Deficiencia subministro eléctrico
El problema
No último mes, nas parroquias de Couso, Peitieiros, Morgadáns e Chaín levamos sufrido cando menos 4 cortes dunha duración considerable, ademais doutros menores. O pasado 7 de decembro o corte foi de 4 horas de duración. O 24 de decembro, Noiteboa, a luz fallou ás 19:45 horas e, coa excepción de curtos períodos de tempo a partir das 02:30h da madrugada, estivemos sen ela durante case todo o día de Nadal.
Na noite do 25 a avaría aínda non estaba resolta e o servizo estaba reposto a través de xeradores móbiles.
É inadmisible en pleno século XXI teñamos unhas instalacións obsoletas que non cumpren uns mínimos de calidade nin nos proporcionan o servizo que precisamos debido a falta de capacidade do tendido eléctrico, mentres temos que pagar unhas tarifas abusivas sendo Galicia produtora e exportadora de enerxía eléctrica. Ademais de ser unha clara discriminación por vivirmos no rural, onde, aínda que paguemos igual que nas zonas urbanas, temos un peor servizo e menos prioridade á hora de resolver os problemas no servizo.
SOLICITAMOS:
Da empresa subministradora de electricidade Naturgy que realice ás melloras necesarias no
tendido eléctrico para a prestación do servizo coa calidade e garantías as que está obrigada, e que proceda a
realizar na próxima factura ás compensacións económicas correspondentes polos tempos de corte no servizo
e polos agravios por estes provocados.
- Do Instituto Galego de Consumo que realice as xestións necesarias para que a empresa Naturgy
proceda a realizar as compensacións á que teñan dereito os veciños e veciñas como clientes afectados polos
cortes de subministro, que inste á empresa a cumprir coa prestación do servizo coa calidade e garantías as
que está obrigada e que proceda a sancionar á empresa pola reiteración no incumprimento do servizo
- Dos Gobernos da Xunta e do Concello que, para garantir a prestación do servizo por igual e nas
mellores condicións en todas as zonas de Gondomar, realicen as actuacións e reclamacións precisas diante
da empresa subministradora Naturgy encamiñadas a solucionar, no menor tempo posíbel, este déficit do
servizo nas parroquias afectadas.

Petición cerrada
Comparte esta petición
Actualizaciones de la petición
Compartir esta petición
Petición creada en 27 de diciembre de 2020