
#AG31 AUTOVÍA CELANOVA - #XURÉS.
POR FAVOR COMPARTE
SEGUIMOS ….. 02/04/2025
QUÉDANOS MOITO CAMIÑO QUE RECORRER.
Un informe presentado polo Eixo Atlántico analiza as obras pendentes en autovías e ferrocarril. Ourense é a provincia que máis atraso acumula nas infraestruturas tanto viarias como ferroviarias.
Ourense é a provincia que peor parada sae no informe sobre infraestruturas viarias e ferroviarias que onte presentou o Eixo Atlántico e que aborda a situación de autovías e tramos da rede ferroviaria da eurorrexión sobre as que o devandito organismo puxera o foco reivindicativo hai vinte e cinco anos. De todas elas, a autovía A-76 (Ponferrada-Ourense) móstrase como a máis morosa.
E xa non digamos a #AG31, que nin siquera é aludida.
Cabe decir a noso favor, e para que deixe de ser unha “EXCUSA”, á que sempre se alude cuando se fala da prolongación da #AG31, a futura A-76, tal como consta na declaración de impacto ambiental (BOE do 14 de agosto do 2013), vese afectada por 6 LIC, 1 ZEPA e un Parque Natural.
O enorme apoio social e empresarial que recibiu a “Prolongación da AG31 ata a Fronteira da Madalena” non fixo mella nos políticos provinciais, autonómicos e nacionais, que continúan obrigando a que os 304.467 habitantes (INE 2024) da provincia de Ourense teñamos que seguir “DE COSTAS” ós máis de 3 millóns de habitantes dos distritos de Braga, Viana do Castelo e Porto, que temos a unha hora en coche.
NON HAI PEOR CEGO QUE O QUE NON QUER VER.
SEGUIMOS …….