Petition updateParemos a ordenanza anti-bicis en Santiago de Compostela

Concentración pola bicicleta no Obradoiro - Martes, 29 de xuño ás 20:30

Asociación Cívica Composcleta
Jun 28, 2021

Boa tarde,

Despois de meses solicitando unha xuntanza co Alcalde de Santiago e co concelleiro de mobilidade, hoxe por fin conseguimos facer entrega das vosas sinaturas. Porén, a reunión co concelleiro só serviu para confirmar que temos unha visión moi diferente do que debería ser a mobilidade en Compostela.

Ante o rexeitamento a facer cambios substanciais nesta modificación da Ordenanza de circulación antes de levala ao pleno do mércores, 30 de xuño, Composcleta convídavos a unirvos a unha concentración pola bicicleta mañá, martes 29, ás 20:30, diante do Pazo de Raxoi.

Seguimos loitando por unha cidade máis segura, máis sostible e máis amable con todas as persoas!

#polabicienCompostela

Copy link
WhatsApp
Facebook
Nextdoor
Email
X