Asociación Cívica Composcleta
Apr 19, 2021

En primeiro lugar, mil grazas ás máis de mil asinantes que apoiastes a nosa petición ao Concello de Santiago e aos centos de persoas que collestes a bici o sábado e percorrestes as rúas con nós, pedindo favorecer a mobilidade en bicicleta e rexeitando as políticas anti-bicis.

Queremos agradecer ás asociacións de veciños e veciñas que deron expreso apoio por esta causa. Tamén aos colexios participantes.

Queremos tamén agradecer moitísimo o apoio das asociacións da Coordinadora Galega pola Bicicleta e outros colectivos ciclistas, e especialmente ás persoas que viñeron de outras cidades para apoiar a #biciManifestación17Abril.

Queremos agradecer ao colectivo ecoloxista o apoio do sábado e a súa loita sen tregua por coidar de nós e do noso planeta.

Queremos agradecer aos partidos políticos da oposición pola súa participación na manifestación. Esperamos que a mobilidade estea moi presente na súa axenda, que traballen dende hoxe pola reactivación do Pacto pola Mobilidade na cidade, e que o conxunto da sociedade poida participar no proceso.

Esperamos poder traballar a favor da mobilidade sostible co Concello de Santiago.

Seguiremos informando. Recordade que podedes estar ao día das novas da bici nas nosas redes sociais (Facebook, Telegram, Instagram e Twitter).

De novo, moitísimas grazas!

Aquí tedes as reaccións nos medios de prensa. A bici ten un grande impacto nos tempos que corren:

https://www.crtvg.es/.../preto-de-douscentos-ciclistas...

https://www.elcorreogallego.es/.../asi-fue-la-llegada-de...

https://www.elcorreogallego.es/.../una-ruidosa-manibici-contra...

https://www.lavozdegalicia.es/.../00031618662984014270906...

https://www.galiciaconfidencial.com/.../160144-ciclistas...

https://www.nosdiario.gal/.../composcleta-bici-santiago.../

https://www.20minutos.es/.../ciclistas-marchan-por.../

https://www.elcorreogallego.es/.../a-vueltas-con-la-bici...

Copy link
WhatsApp
Facebook
Nextdoor
Email
X