Petition updateParemos a ordenanza anti-bicis en Santiago de Compostela
Convocatoria bici-manifestación o sábado 17 de abril!

Asociación Cívica Composcleta

Apr 13, 2021
Grazas polo voso apoio!
Composcleta segue traballando para frear a aprobación desta ordenanza tan inxusta coa bicicleta. Animámosvos a participar na bici-manifestación convocada para o próximo sábado, 17 de abril. Sairá ás 12 da Alameda e rematará na Praza do Obradoiro. Podedes consultar o percorrido completo no cartaz.
Algúns medios xa recolleron novas desta campaña, pero seguimos precisando a vosa axuda para que esta petición e a convocatoria da manifestación cheguen ao maior número de persoas posible. Compartide para que se nos escoite no Concello: Compostela móvese pola bici!
Copy link
WhatsApp
Facebook
Nextdoor
Email
X