Desculpa pública ou Dimisión da Delegada Territorial de Educación da Provincia de Lugo.

El problema

A Asociación de Nais e Pais do CEIP de Cervo (Lugo), con CIF G27.136.894, e con domicilio en Lg. Pedrouzo s/n, 27891 Cervo (Lugo), presenta o seguinte escrito co respaldo de tódolos firmantes:

As nais e pais do CEIP de Cervo, reunidos o pasado día 16 de setembro, tomamos a decisión unánime de incorporar aos nosos fillos e fillas ao centro escolar para que podan dar inicio ao curso 2019/20 a partir do mércores 18 de setembro. Facémolo respectando a liberdade de cada familia de non secundar a medida, en función das súas propias consideracións e necesidades particulares, sabendo que o centro continúa sendo unha obra activa que non cumpre cos requisitos materiais e legais necesarios para ser utilizado como centro de educación Infantil e Primaria.

Por todo elo manifestamos o seguinte:

En primeiro lugar queremos resaltar a unidade dos pais/nais á hora de valorar o problema e as solucións a adoptar, porque reforza a idea do dominio contundente do sentido común fronte ao sen sentido institucional.

En segundo lugar demandamos a mellora das medidas de seguridade e hixiene do edificio para que, pesar da precariedade e limitacións existentes, se garanta por encima de toda consideración a seguridade dos nosos fillos:

- Habilitación dunha saída de emerxencia, alternativa a única saída operativa que actualmente ten o centro, para o caso de necesidade de evacuación, dado que as obras rodean na súa práctica totalidade o exterior do centro.

- Habilitación dun corredor exterior para os distribuidores e servicio de cociña, que permita cumprir as normativas de sanidade e hixiene alimentaria, ao tempo que podería ser utilizada como saída de evacuación.

- Limpeza profunda do chan do pavillón anexo a escola, tendo en conta que os días de mal tempo pode ter que albergar a mais de 100 nenos no horario de recreo.

- Acondicionar o antes posible a biblioteca do centro, pois e un dos espazos comúns mais utilizados por moitos alumnos.

- Revisión da nova estrutura de peche instalada no primeiro piso, sobre o patio interior tellado, en substitución da varanda existente previamente, dado que presenta ocos polos que ben podería pasar algún neno e que, en xeral, transmite pouca sensación de seguridade.

- Desbloqueo urxente da rampla de acceso ao centro para persoas con mobilidade reducida, actualmente inoperante debido aos andamios situados fronte a fachada do centro.

- Reposición urxente do equipamento e material escolar destruído durante as obras a causa da entrada de auga en varias salas e aulas do centro.

- Liberación urxente de espazos exteriores, que permitan habilitar patios de recreo para os alumnos de primaria, obrigados a estar permanentemente recluídos en espazos pechados. Igualmente, na medida en que se libere canto antes o máximo espazo exterior posible melloraranse os accesos dos nenos de infantil desde a aula a zona de recreo e desde esta ao uso dos baños no interior do centro.

- Evitar na medida do posible os ruídos derivados das obras pendentes, que aínda durarán varias semanas, durante as horas de clase, evitando utilizar maquinaria industrial de calquera tipo.

Queremos finalmente incidir nos seguintes aspectos:

- Que os nenos entrarán maioritariamente na escola cunha semana de retraso, trala mellora da limpeza e dos servicios básicos realizados nos últimos días e favorecidos precisamente pola ausencia de alumnos no centro. O cal confirma de xeito incontestable que o centro non estaba en absoluto apto para a súa ocupación no día de apertura oficial do curso.

- Que os nenos entrarán na escola pola obriga de iniciar o curso sen mais retrasos, pero sendo perfectamente conscientes de que o estado do centro ten moitos aspectos que mellorar, polas carencias materiais e de seguridade, e porque os vai a obrigar a estudiar durante varias semanas no medio dunha obra que os envolve polos catro costados.

Que o problema xerado poderíase ter resolto coa disposición de espazos alternativos que permitiran iniciar o curso sen poñer en risco aos nenos e terminar a obra cunha maior calidade: coas presas das últimas semanas as fallas no traballo realizado empezan xa a ser claramente visibles.

- Que temos que denunciar, cara a evitar actuacións similares futuras, que a falta de planificación fíxose absolutamente evidente, e non soamente no noso centro, polo que ten que haber un responsable claro, na Consellaría de Educación e na Delegación territorial da mesma, ademais de pola parte da empresa que executa as obras. Por isto, pero especialmente pola súa mala actitude, falta de profesionalidade e de aptitudes (especialmente no referido á falta de capacidade de comunicación e de sensibilidade) pedimos unha desculpa pública ou a dimisión da Delegada Territorial de Educación da Provincia de Lugo.

- Que Temos que rexeitar publicamente a teima da Consellería de forzar a apertura dun centro que á vista de calquera non estaba para nada en condicións aptas para a súa finalidade. E que temos que rexeitar igualmente as mentiras reiteradas da Conselleira de Educación, as faltas de respecto e as presións exercidas contra os pais e nais para obrigarnos a antepoñer criterios exclusivamente de orde política e administrativa á seguridade dos nosos propios fillos.

avatar of the starter
ANPA CEIP CERVOCreador de la peticiónAsociación de nais e pais do CEIP de CERVO.
Esta petición ha conseguido 470 firmas

Los destinatarios de la petición

Xefatura Territorial da Consellería de Educación de Lugo

Delegación Territorial de Lugo
Delegación Territorial de Lugo
Conselleria de Educacion da Xunta de Galicia

Actualizaciones de la petición