
Convidámoste a acompañarnos mañá na entrega de sinaturas na Delegación Territorial de Pontevedra da Consellaría de Educación ás 11h30 (Edificio Administrativo de Campolongo).
Pasaron case dous meses e a Consellaría segue propondo medidas burocráticas, contraditorias e sempre que non lle impliquen ningún incremento de custo: todo recae sobre persoal docente, non docente e as familias. Nada de reducir alumnado por aula, incrementar persoal ou outro tipo de medidas de reforzo extraordinarias.
Non estamos sós, todos os sindicatos educativos, a Federación de Anpas de Galicia e o colectivo Profesorado en Pé ao que tamén nos sumamos ao seu #seguridadeigualdadeprioridade.
Unha #VoltaSegura é fundamental para garantir o dereito á educación e é debemos exixir que se exerza con total garantía.
Novas hoxe (24/8/20)
Profesores dun IES de Cangas suman xa máis de 11.000 sinaturas
Reúnen más de 11.500 firmas para exigir a la Xunta una vuelta al colegio "segura".