UN SAF PÚBLICO XESTIONADO POLA XUNTA DE GALICIA.

El problema
¡ESIXIMOS UN SAF PÚBLICO EN GALICIA!
¡OS COIDADOS NON SON UN NEGOCIO!
Basta de precariedade, de impagos salariais e de facer negocio cos coidados das persoas máis vulnerables.
O Servizo de Axuda no Fogar (SAF) é esencial para miles de persoas maiores e dependentes. Porén, a súa xestión está en mans de empresas privadas que, en demasiados casos, protagonizan situacións inaceptables: atrasos salariais, precariedade, incumprimentos laborais e condicións de traballo que poñen en risco a dignidade das profesionais e a calidade da atención.
A precariedade tamén está na forma de organizar o traballo. Xornadas fragmentadas, desprazamentos continuos entre domicilios, tempos axustados e dificultades para conciliar forman parte da realidade de moitas traballadoras do SAF.
A isto súmase o uso dos vehículos particulares para prestar un servizo público, asumindo gastos de combustible, mantemento e desgaste dos coches que non poden recaer sobre as traballadoras. Non é xusto que, ademais de poñer o seu esforzo e profesionalidade, teñan que asumir cos seus propios recursos os custos necesarios para atender as persoas dependentes.
Os cartos públicos deben servir para garantir coidados dignos e condicións laborais xustas, non para trasladar custos e responsabilidades ás traballadoras.
Por iso, esiximos á Xunta de Galicia:
- Un SAF público, de xestión directa e transparente, que garanta a calidade asistencial.
- Salarios puntuais e cumprimento dos dereitos laborais, sen atrasos nin impagos.
- Unha organización do traballo digna, con xornadas razoables, tempos de desprazamento adecuados e medidas reais de conciliación.
- Compensación xusta dos desprazamentos e dos gastos derivados do uso dos vehículos particulares, así como alternativas que eviten que as traballadoras teñan que asumir custos propios para prestar un servizo público.
- Control rigoroso dos fondos públicos e garantías de que se destinan á atención das persoas dependentes e ás condicións de quen as coida.
Non podemos permitir que as traballadoras que coidan das persoas máis vulnerables teñan que loitar por cobrar o seu salario e, ao mesmo tempo, pagar do seu peto parte dos custos do servizo.
Os coidados son un dereito, non un negocio. As traballadoras non son man de obra barata nin os seus coches poden converterse nun recurso gratuíto das empresas concesionarias.
¡ASINA E COMPARTE ESTA PETICIÓN!
Esixamos á Xunta de Galicia que asuma a súa responsabilidade e garanta un SAF público, con atención digna, emprego de calidade e respecto absoluto polos dereitos das traballadoras.
¡POLO SAF PÚBLICO!
¡POLOS COIDADOS DIGNOS!
¡POLOS DEREITOS DAS TRABALLADORAS!
111

Opiniones de firmantes
Actualizaciones de la petición
Compartir esta petición
Petición creada en 20 de octubre de 2026