Petition Closed

Por un uso público e cultural para o Castelo de Monterrei. Unha restauración do castelo, NON un novo hotel. A garantía da integridade patrimonial da fortaleza durante as obras.

O Castelo de Monterrei é un ben público pertencente ó Estado, cedido a título gratuíto á Xunta de Galicia, coas condicións de uso público de RESTAURACIÓN, CONSERVACIÓN E VISITAS CULTURAIS, entre outras relativas á promoción, divulgación e innovación dos recursos turísticos e/ou económicos da comarca de Monterrei. A Administración Autonómica acepta esta cesión, coas condicións impostas, en 2010 (DOG nº 6, 12 de xaneiro de 2010, páx. 386).

A fortaleza-pazo da acrópole de Monterrei é a mais grande e mellor conservada de Galicia. Foi declarado Monumento Nacional en 1931 e actualmente é BIC (Ben de Interese Cultural), con categoría de Monumento, a máxima protección para un inmoble, incluido no catálogo de "Monumentos del patrimonio histórico de España".

A Xunta de Galicia, mediante a Axencia Turismo de Galicia, quere convertilo ahora en Parador de Turismo, cun proxecto complementario ó de rehabilitación que se está levando a cabo co 80 % de fondos FEDER e o 20% de fondos FCI, cun orzamento de 2.100.000 Euros. Hai que decir que a 200 m. da fortaleza se atopa o Parador de Turismo de Monterrei, pechado, e construído sobre o vello solar do convento dos Xesuítas.

A historia do Castelo de Monterrei é moi longa. Como castelo foi construído por Afonso Henríquez, posteriormente rei de Portugal, no S. XII. Pero ocupaba xa o vello castro prerromano de Baronceli, centro xeográfico da comarca regada polo río Támega. Centro igualmente da historia da mesma, contemplou as loitas do mosteiro de Celanova, como dono da acrópole-vila, cos distintos Reis para destruílo, rematando a loita Afonso IX quen toma o castro como feudo propio e troca o nome polo de Monterrei. Nos tempos dos Reis Católicos configúrase o condado. Ilustres condes como Gaspar de Acebedo y Zúñiga Fonseca, levaron o nome de Monterrei ata América e Australia, e mesmo participaron na fundación da Universidade de Santiago de Compostela. É o lugar onde se imprime o primeiro incunable de Galicia, o Misal de Monterrei, polos seus tres conventos pasaron reis, ilustrados, científicos e literatos de talla universal. Foi bastión militar durante dous séculos nas guerras portuguesas. A sua decadencia comeza cando se traslada o rexemento militar a Verín a finais do XVIII, sigue coas guerras napoleónicas e remata coa desamortización. Quedou esquecido ata os anos 60 do S. XX, en que se fixeron algunhas reformas sen sentido, nos anos 90 leváronse a cabo uns primeiros e tímidos intentos museísticos.

 

This petition was delivered to:


    Alto Támega Asociación Cultural started this petition with a single signature, and now has 2,964 supporters. Start a petition today to change something you care about.