Prazas de chinés para todo o persoal funcionario docente das EOI de Galicia

El problema

En setembro de 2023 tomaron posesión como funcionarios/as de carreira 10 docentes de chinés en prazas de catro escolas oficiais de idiomas de Galicia (A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo) que foron consideradas estruturais e estabilizadas pola lei 20/2021, de 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público. Foi a partir dese momento, cos recursos humanos xa asegurados, cando a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia iniciou un proceso de recorte de prazas que ameaza xa con deixar a persoal funcionario docente desa especialidade en casa, sen traballar, cobrando das arcas públicas ou desprofesionalizándose con tarefas improvisadas para mantelo ocupado, mentres deixa morrer lentamente un servizo público como a ensinanza e certificación de linguas estranxeiras nas escolas oficiais de idiomas de Galicia.

No curso 2023/2024 soamente se consolidaron con persoal funcionario definitivo 6 das 10 prazas estruturais estabilizadas pola lei 20/2021, de 28 de decembro. No verán de 2024, unha das tres prazas de chinés na EOI da Coruña foi eliminada nun acto de especulación administrativa, aproveitando a excedencia circunstancial dun funcionario con destino definitivo na EOI de Vigo. No curso 2024/2025 soamente figuran como vacantes provisionais no Concurso Xeral de Traslados (CXT) de ámbito estatal dúas das tres prazas con persoal funcionario en situación de provisionalidade. Unha das dúas prazas de chinés existentes na EOI de Ourense desde hai máis de dez anos non está nesta listaxe e tampouco se está considerando na oferta horaria do vindeiro curso, polo que en 2025/2026 quedaría unha funcionaria de carreira sen praza e sen traballo, mais cobrando o salario ou parte do salario do erario público e a disposición, quizais, de realizar substitucións en todo o territorio galego cando fose necesario. A incerteza sobre as condicións de dereitos laborais é absoluta, mais xa hai precedentes noutras especialidades como galego con mellor encaixe no sistema educativo que chinés, precedentes que foron consecuencia dunha planificación neglixente. 

A Administración educativa galega aínda está a tempo de tomar decisións coherentes, mais a reclamación e presión dunha soa persoa directamente afectada non é suficiente. Hai que exixirlle á Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional –e máis concretamente á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos– que asuma con responsabilidade a estabilización de 2023 e non actúe fraudulentamente. Todo o persoal funcionario docente debe traballar en igualdade de dereitos e as prazas estruturais de chinés nas EOI de Galicia, estabilizadas pola lei 20/2021, de 28 de decembro, deben estar dotadas con persoal funcionario definitivo, non provisional, para promover seriamente e sen improvisación o desenvolvendo da ensinanza de chinés en Galicia. A praza de chinés que se pretende eliminar na EOI de Ourense debe ser incluída como vacante no CXT 2024/2025 e, deste xeito, non empeorar a situación.

A argumentación da EOI de Ourense e da propia Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia para eliminar a praza baséase no número de alumnado matriculado. Trátase, con todo, dunha argumentación terxiversada que deixa fóra da ecuación detalles tan importantes como a decisión da EOI de Ourense de reducir este curso os grupos de chinés obrigando ao profesorado desta especialidade a impartir grupos de inglés no 75% da súa ocupación docente. Se se analizan polo miúdo as cifras de matrícula nas catro EOI galegas que imparten chinés durante os últimos cursos obsérvase que os datos non son tan diferentes como para xustificar que nunhas EOI consoliden as prazas con persoal definitivo e na EOI de Ourense non. A teor do currículo dos niveis básico A1, básico A2, intermedio B1, intermedio B2, avanzado C1 e avanzado C2 das ensinanzas de idiomas de réxime especial na Comunidade Autónoma de Galicia (Decreto 81/2018, de 19 de xullo), as segundas prazas de chinés son estruturais e necesarias para o desenvolvemento da oferta de grupos e a certificación de niveis A2 e B1. Chinés é unha lingua na que se requiren tres cursos para certificar de nivel A2 e outros tres cursos para certificar de nivel B1. Para un proceso de certificación regular, ademais, son necesarios dous docentes desa lingua. Por todos estes motivos, non se entende por que a EOI de Ourense decide consolidar unha praza con persoal definitivo e eliminar outra praza ou mantela en situación de provisionalidade e precariedade laboral se oferta esta praza no CADP durante o verán, en lugar de estabilizala co persoal funcionario que xa existe. É un acto de especulación neglixente, amparado pola Administración educativa galega, que vai ter consecuencias devastadoras para o futuro da ensinanza de chinés no centro e na cidade, e tamén para persoal funcionario desta especialidade que vai ver truncados os seus dereitos.

Pode parecer un problema menor de transcendencia individual, pero estas ensinanzas son públicas e oficiais, un servizo para toda a comunidade que debe ser defendido e apoiado. Habendo persoal funcionario que pagar e recolocar en tarefas para as que non está preparado, este recorte de prazas non implica unha redución de gasto público, senón unha neglixente planificación de recursos humanos. Ourense é unha cidade con campus universitario que ofrece estudos como Relacións Internacionais, Turismo, Administración e Dirección de Empresas ou Historia; con centros educativos de ensinanza secundaria e formación profesional que ofrecen ciclos de grao medio e superior en Comercio e Marketing, Hostalaría e Turismo ou Administración e Xestión; con sectores e empresas de gran proxección internacional nas industrias téxtil, vitivinícola e agroalimentaria. O comercio internacional e o turismo demandan formación en idiomas como o chinés, pero é necesaria unha campaña constante de información e promoción das ensinanzas e certificacións que ofrecen as EOI para atraer ao alumnado. O chinés ten futuro, pero non co recorte de prazas e a desprofesionalización de funcionarios docentes con medidas de especulación.

Asina esta reclamación en Change.org para solidarizarse coa causa e exixirlle á Administración educativa galega unha decisión coherente. Para sumarte á presión pública, tamén podes enviar unha reclamación individual a través da solicitude xenérica PR004A da Sede Electrónica da Xunta de Galicia. Nesta ligazón comparto un modelo de texto que podes editar cos teus datos e enviar á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia co teu certificado dixital ou Chave 365 a través da Sede Electrónica. O tempo corre e non debemos resignarnos a decisións incoherentes que logo non teñen marcha atrás.

519

Actualizaciones de la petición