Poñamos nome á Praza da Rúa Lago, en Quiroga

Petición cerrada

Esta petición ha conseguido 151 firmas

El problema

Na intersección da Rúa Lago coa Rúa Real, na vila de Quiroga, construíuse unha Praza pública. O espazo habilitado estase rematando de condicionar e dálle vida a un recuncho urbano da localidade con moita historia.

Dende o BNG de Quiroga queremos propoñerlle ao Concello de Quiroga que faga unha consulta pública para que as quiroguesas e quirogueses escollan entre estas opcións o que sería o futuro nome da devandita Praza.

Entre os nomes que propoñeremos están os seguintes:

a) Praza Casa do Cacharreiro

b) Praza de Xoán Rolo

c) Praza da Barbería

Se vos parece correcta e axeitada a nosa iniciativa, agradecemos a vosa sinatura para apoiar esta petición.

Actualizaciones de la petición