Parar a planta de biogás en Trazo, Galicia

1746

El problema

Trazo caracterizouse sempre por ser un concello rural, tranquilo, cunha beleza natural e unha calidade de vida envidiable. Todo isto que tanto valoramos están gravemente ameazados pola proposta de construír unha planta de biogás na nosa localidade. A instalación desta planta non só alterará a contorna na que vivimos, senón que tamén ten potencial para empeorar drásticamente a nosa calidade de vida.

O cheiro continuo (4.800 tráilers/ano de purins, + 3.200 tráilers/ano de tripas e vísceras de animais e peixe, + 8.000 tráilers/ano de dixestato) a aparición de insectos atraídos polos residuos que se procesarán alí, os problemas de pel e oculares, o constante ir e vir de camións pesados (+16.000 tráilers/ano)  que transitarán polas nosas, xa de por si deterioradas, estradas; o nivel de ruído elevado, etc. converterá a nosa pacífica contorna nun lugar pestilento, axitado,  estresante e de perigos constantes.

Este é un asunto que afecta a todos os habitantes  de Trazo e mesmo aos concellos limítrofes. Debemos considerar as implicacións medioambientais a longo prazo, incluíndo o impacto na nosa biodiversidade, nas augas subterráneas e tamén nos ríos e regatos.

Estamos totalmente a favor das enerxías renovables, pero si pensamos que a súa implementación debe ser adecuada ao  contexto local. As autoridades deben priorizar solucións que non comprometan a saúde, o benestar e a calidade de vida dos seus veciños. Solicitamos ao Concello de Trazo, á Xunta de Galicia e as institucións necesarias  "a paralización deste proxecto industrial nun entorno rural".

Por todo o anteriormente dito, facemos un chamamento aos habitantes de Trazo e a todos os que desexan protexer o noso modo de vida, para que se unan a esta causa. Con firmas suficientes podemos facer ver ás autoridades que Non Queremos a Planta de Biogás en Trazo e que estamos unidos na defensa da nosa contorna.

Firma esta petición para salvagardar a esencia de Trazo e asegurar un futuro máis saudable e seguro para todos nós.

Opiniones de firmantes

Actualizaciones de la petición