Non a sustitución de funcións médicas por persoal sin MIR

179

¡Alcancemos 200 firmas!
¡Las peticiones con más de 1000 firmas tienen 5 veces más posibilidades de ganar!

El problema

Á DIRECCIÓN DE ATENCIÓN PRIMARIA DA ÁREA SANITARIA DE VIGO

ASUNTO: Denuncia sobre a atribución de funcións asistenciais médicas aos Técnicos/as de Atención Primaria (TAP) e solicitude de cesamento inmediato das mesmas.
 

Os/As médicos/as de Atención Primaria pertencentes á Área Sanitaria de Vigo, abaixo asinantes, diríxense a esta Dirección para expor o seguinte:

I. EXPOSICIÓN DE FEITOS

1. Constatouse a incorporación de persoal contratado baixo a figura de Técnicos/as de Atención Primaria (TAP) aos cales se lle están a asignar tarefas e labores de atención asistencial directos a pacientes.

2. A cualificación e o marco funcional regulamentario de dita categoría limita as súas competencias exclusivamente ao ámbito administrativo e de xestión contorna á consulta, tales como:

• Tramitación e renovación de partes de incapacidade temporal (IT).
• Xestión de reexpedición de receitas ou solicitudes administrativas asociadas.
• Prescrición/tramitación de transporte sanitario non urxente.
• Xestión administrativa de material ortoprotésico.
3. A pesar deste marco, estase a derivar a este persoal a avaliación, triaxe funcional ou atención clínica directa de pacientes, asumindo un rol asistencial para o que non contan coa titulación nin coa habilitación legal requirida.

II. FUNDAMENTACIÓN LEGAL E TÉCNICA

1. Vulneración da normativa de profesións sanitarias:
De acordo coa Lei 44/2003, do 21 de novembro, de ordenación das profesións sanitarias (LOPS), a diagnose, o tratamento e a atención clínica directa corresponden en exclusiva ás profesións sanitarias tituladas coa especialidade requirida.

2. Exixencia do título de Especialista (MIR): O acceso á condición de médico/a de Familia e Comunitaria no Sistema Nacional de Saúde exixe ter completado a formación sanitaria especializada mediante o sistema MIR (Real Decreto 127/1984 e normativa concordante). A atención clínica por parte de persoal sen a dita especialidade supón unha clara irregularidade no marco do servizo público de saúde.

3. Diminución da calidade asistencial e risco para a seguridade do paciente: A delegación de funcións clínicas en persoal sen a capacitación axeitada compromete gravemente a seguridade dos usuarios, incrementa o risco de erro diagnóstico ou terapéutico e supón unha degradación inaceptable da calidade da asistencia sanitaria que se presta á poboación da Área Sanitaria de Vigo.

III. SOLICITUDE

Por todo o exposto, SOLICITAMOS:

1. O cesamento inmediato da asignación de calquera tarefa de carácter asistencial, diagnóstico, terapéutico ou de avaliación clínica aos Técnicos/as de Atención Primaria na Área Sanitaria de Vigo.

2. A delimitación estrita e por escrito das funcións dos TAP, restrinxíndoas exclusivamente ao ámbito administrativo e de xestión para o que foron contratados.

3. A garantía de que a atención médica directa nos centros de saúde e PACs da área sexa prestada de maneira exclusiva por profesionais médicos que conten coa especialidade e requisitos legais exixidos.

 

En Vigo, a   11   de   Novembro     de 2026.

Actualizaciones de la petición